"Ames" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 215.
-
PERSOEIRO
Psicólogo, filósofo e sociólogo. Dentro do evolucionismo filosófico traballou no campo da Psicoloxía, da Epistemoloxía e da Metafísica. Descubriu dúas formas de comprender a realidade que, para superar o dualismo, se unían na estética: a axenética, aplicada á Mecánica, e a xenética, á vida e á cultura. Xunto con J. McKeen Cattell, fundou a Psychological Rewiew (1894-1909). É o autor de The individual and society (Individuo e sociedade, 1911), Handbook of psychology (Manual de psicoloxía, 1890-1891), Thought and things, or genetic logic (Pensamento e concreción, ou xenética lóxica, 1906-1911) e Genetic theory of reality (Teoría xenética da realidade, 1915).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político conservador británico. Reprimiu duramente o nacionalismo irlandés durante a súa etapa como secretario para Irlanda (1887-1891). Posteriormente, cando asumiu o goberno entre 1902 e 1905, reformou a instrución pública e a reorganización e potenciación do exército. Debido á cuestión do libre cambio, que dividiu o partido, perdeu as eleccións de 1906, o que lle levou a presentar a súa dimisión da dirección do partido en 1911. Foi lord do almirantado (1915) e ministro de Asuntos Exteriores (1916-1919), publicou a chamada declaración de Balfour (1917) e asinou o Tratado de Versalles (1919). En 1920 representou o seu país na Sociedade de Nacións e en 1921 foi o delegado británico na Conferencia de Washington. Foi presidente do Consello (1925-1929), defendeu o concepto de dominio e foi o artífice do Estatuto de Westmister (1931). Concedéronlle o título de conde de Balfour e o de vizconde Traprain de Whittingehame (1922). Entre os seus escritos destacan The foundations of belief...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor en lingua inglesa. É autor de novelas e contos de ciencia ficción, onde reflicte as reaccións dos personaxes obrigados a enfrontarse a un ambiente hostil. Destacan as súas narracións The Disaster Area (A rexión devastada, 1967), The Atrocity Exhibition (A exhibición atroz, 1970), Vermilion Sands (Areas vermellas, 1973), The Terminal Beach (A praia terminal, 1992), e as novelas The Drowned World (O mundo anegado, 1962), The Drought (A secura, 1965), Crash (Estalido, 1973), Hello America (Ola América, 1981) e a autobiográfica The Empire of the Sun (O imperio do sol, 1984), levada ao cine por S. Spielberg no 1988, onde evoca a súa nenez nun campo de concentración xaponés.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo norteamericano. Foi un dos primeiros en levar á escena temas e problemas tipicamente americanos: The Indian Princess (A princesa india, 1808) ou The Court of Love (O tribunal do amor, 1836), publicada no 1817 co título How to try a lover (Como probar un amor).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e novelista escocés. Coa súa novela The Little Minister (O pequeno ministro, 1891), conseguiu gran popularidade. Levou ao teatro o sentimentalismo escocés. A súa recreación do mundo infantil é notable en Peter Pan (1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Protexido de Edmund Burke viaxou a Italia (1761-1771). Cultivou a pintura de historia e defendeu a independencia da arte británica. Fixo os murais Human Culture (1777-1783) da Society of Arts de Londres. Foi Mestre de Pintura da Royal Academy (1782) pero foi expulsado en 1799.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e filósofo, profesor na Universidade de Aberdeen. Publicou Essay on Truth (Ensaio sobre a verdade, 1770), defensa da relixión e da moral cristiás contra o escepticismo de Berkeley e Hume. O seu poema, The Minstrel (O xograr, 1771-1774) está considerado como un dos precedentes do Romanticismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista norteamericano. En 1835 fundou o xornal que despois se titulou New York Herald. Introduciu na prensa un estilo agresivo, consistente en ampliar determinados sectores, explorando o xornalismo gráfico e as noticias relacionadas co sexo ou co crime.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e farmacólogo escocés. En 1946 graduouse en Medicina pola Universidade de Saint Andrews. En 1981 recibiu o título de sir. A partir das súas investigacións desenvolvéronse substancias químicas con actividade farmacolóxica, como o betabloqueador propanolol e a cimetidina, que revolucionaron o tratamento das alteracións cardiovasculares e da úlcera péptica. En 1988 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, compartido con G. H. Hitchings e G. B. Elion, pola metodoloxía empregada para descubrir medicamentos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Produtor e realizador cinematográfico inglés. Establecido nos EE UU, fundou en 1897 Vitagraph con Albert E. Smith. Entre a súa abundante produción resulta interesante a invención, en 1908, do chamado plano americano e a sistematización da montaxe. En 1911 fundou a primeira revista de cine nos EE UU. Trátase duns dos pioneiros do cine a nivel mundial. Dirixiu, entre outras películas, The burglar on the roof (O ladrón no tellado, 1898), The battle cry of peace (O berro loitador da paz, 1912), The happy warrior (O guerreiro feliz, 1925) e The passionate quest (A procura apaixonada, 1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Industrial e inventor. Foi un vangardista dos deseños con fachada de estrutura metálica, realizando construcións deste tipo na súa propia fábrica (1848-1849) e no Harper’s Bazar (1854) de Nova York.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Granxeiro e político neocelandés. Afiliouse ao Partido Nacional e durante o mandato de R. Muldoon foi ministro de Inmigración (1977-1981) e de Traballo (1978-1984). A raíz da vitoria dos conservadores en 1990 accedeu ao cargo de primeiro ministro; foi reelixido en 1993.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe protagonista da serie creada polo escritor inglés Ian Fleming, que deu vida ao axente 007.
-
PERSOEIRO
Escritor inglés. A súa obra mestra é Life of Samuel Johnson (A vida de Samuel Jonhson, 1791), empregado como modelo de biografía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo inglés. Membro da Royal Society (1718) e profesor en Oxford (1721). Foi o descubridor da aberración da luz (1727) e da nutación do eixe terrestre (1748). En 1742 sucedeu a E. Halley como astrónomo real e como director do observatorio de Greenwich. Dende 1750 ata 1762 realizou unhas 60.000 observacións de estrelas co fin de medir a súa paralaxe e deducir a súa distancia á Terra. Máis tarde F. W. Bessel aproveitou estes datos para facer un catálogo de 3.222 estrelas (1818).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cirurxián e oftalmólogo inglés. Foi un dos primeiros en practicar a hipnose con finalidade terapéutica (braidismo) e en describir os fenómenos buscando unha explicación dende un punto de vista psicofisiolóxico. Publicou Neurohypnology, or the rational of nervous sleep considered in relation with animal magnetism (Neurohipnoloxía ou o sono racional dos nervios considerado en relación co magnetismo animal, 1843) e The power of the mind over the body (O poder da mente sobre o corpo).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Exiptólogo norteamericano. Estudiou en Berlín, onde colaborou con outros especialistas na elaboración do Wörterbuch der ägypstischen Sprache (1923-1926). Foi o fundador e director do Oriental Institute de Chicago e profesor na Universidade de Chicago. Como investigador traballou no campo histórico A History of Egypt (Unha historia de Exipto, 1905) e relixioso Development of Religion and Thought in Ancient Egypt (Desenvolmento da relixión e do pensamento no antigo Exipto, 1912), ocupándose tamén da edición de textos como Ancient Records of Egypt (Recordos antigos de Exipto, 1906-1907). Está considerado o pai da exiptoloxía norteamericana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Aventureiro británico de orixe india. Raxá de Sarawak por nomeamento do sultán de Brunei, independizouse logo da súa soberanía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante norteamericano. Comezou a cantar gospel no 1952 e despois cultivou a música de estilo soul, acadando grandes éxitos durante a decada dos sesenta. Colaborou no disco de Carlos Núñez Amores libres (1999) poñéndolle a voz ao poema en galego de García Lorca “A quintana dos mortos”. Na súa discografía destacan os títulos Please, please, please (1958), Mr. Dynamite (1963) e Sex machine (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bibliotecario. O seu sistema de clasificación, subject classification, úsase aínda nalgunhas bibliotecas públicas británicas.
VER O DETALLE DO TERMO