Ballard, James Graham

Ballard, James Graham

Escritor en lingua inglesa. É autor de novelas e contos de ciencia ficción, onde reflicte as reaccións dos personaxes obrigados a enfrontarse a un ambiente hostil. Destacan as súas narracións The Disaster Area (A rexión devastada, 1967), The Atrocity Exhibition (A exhibición atroz, 1970), Vermilion Sands (Areas vermellas, 1973), The Terminal Beach (A praia terminal, 1992), e as novelas The Drowned World (O mundo anegado, 1962), The Drought (A secura, 1965), Crash (Estalido, 1973), Hello America (Ola América, 1981) e a autobiográfica The Empire of the Sun (O imperio do sol, 1984), levada ao cine por S. Spielberg no 1988, onde evoca a súa nenez nun campo de concentración xaponés.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Xangai

  • Falecemento