"Amur" (Contén)
Mostrando 16 resultados de 36.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado a 12 km ao SO da capital provincial e ao S do Tajo (1638 h [2001]). Ten agricultura (cereais, viñas, oliveiras), gandería (gando lanar) e industrias derivadas (produtos alimentarios, xénero de punto). Do seu patrimonio cultural destaca o castelo de Guadamur (s XV).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Os seus filmes profundizan na realidade social de Xapón. Das súas películas destacan Nusurameta yokujo (Desexo roubado, 1958), Ningen Johatsu (O esvaecemento dun home, 1967), Narayama Bushiko (A balada do Narayama, 1982, Palme d´Or de Cannes, 1983), Zegen (1987, Palme d´Or de Cannes), Unagi (O anguía, Palme d´Or de Cannes 1997) e Akai hashi no shita no nurui mizu (Auga temperada baixo unha ponte vermella, 2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que está situado na parede dun órgano baleiro ou dunha cavidade.
-
CIDADES
Cidade do kraj de Khabarovsk, Rusia (300.000 h [1997]). A base da súa economía é a industria naval, siderúrxica, mecánica e petroquímica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Madanapa Palatino; ḷḷ i, Madras 1897 - Ojai, California 1986) Pensador indio. Educado en Reino Unido, fundou en 1911 a orde do Estel, de raíz iniciática, disolta en 1929. A súa filosofía proclamaba a paz espiritual, acadada pola harmonía entre o todo e o eu. Os seus discípulos publicaron e traduciron os seus escritos e discursos, entre outros, The First and Last Freedom (1954) e The Urgency of Change (1970).
-
MACIZO
Macizo de Romanía, situado nos Cárpatos orientais. O seu pico máis alto é o Rodna (2.300 m alt).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Judeţ de Romanía (6.304 km2; 532.718 h [estim 1999]). A capital é Baia Mare.
-
PERSOEIRO
Pintor xaponés. Foi o renovador da escola ukiyo-e. Traballou estampas en branco e negro, coloreadas a man, lacadas e impresas en cores con paisaxes e perspectivas, flores, paxaros e retratos de bustos. Destacan as estampas en cor de grandes dimensións e os seus álbums ilustrados Álbum da cortesana (1701) e Lenda de Genji (1707).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, Bélxica, situada na confluencia do Sambre e do Mosa (105.248 h [2001]). Ten industria siderúrxica, fabricación de cerámicas, xabóns e coiros, e é un importante nó de comunicacións. Sede dun condado e cidade importante na Idade Media, na guerra que a monarquía hispánica e Francia mantiveron desde 1688, caeu en poder dos franceses. Reconquistada (1695) por Guillerme III de Inglaterra, stadhouder de Países Baixos, os franceses volvérona ocupar en 1746 e en 1792. Capital do departamento francés de Sambre-et-Meuse (1794-1814), incorporouse ao Reino de Países Baixos en 1815 e a Bélxica en 1830.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Bélxica, situada en Valonia, entre Francia, ao S, e as provincias de Brabante, ao N, Liexa, ao NL, Luxemburgo, ao L, e Hainaut, ao O (3.666 km2; 443.903 h [estim 2000]). A capital é Namur. Atravésana os ríos Mosa, Sambre e Lesse. O suco do Sambre e o Mosa comprende unha rexión industrial, con siderurxia, metalurxia, industria química e do vidro. Os principais núcleos urbanos son Namur, Dinant e Ciney.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serie ou estrato (ou tamén época ou idade) do Carbonífero (Paleozoico) de Europa occidental, que está comprendida entre o Viseano, na base, e o Westfaliano, no teito. O estrato tipo está en Namur (Bélxica).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Namuriano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membro da nobreza militar xaponesa que se caracterizaba polo seu profundo coñecemento das artes marciais e por ter como norma de conduta o bushido, ou código de honor do guerreiro. As súas normas eran a fidelidade de conduta e a coraxe. Non posuía terras, pero recibía do daimio, o seu señor, unha paga en arroz. Comezou a perder importancia a partir do s XVII.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, situado ao S da capital provincial e bañado polo río Carrión (4.978 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen, con actitude maliciosa, permanece calado esperando o que digan os demais.