Guadamur
Guadamur
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado a 12 km ao SO da capital provincial e ao S do Tajo (1638 h [2001]). Ten agricultura (cereais, viñas, oliveiras), gandería (gando lanar) e industrias derivadas (produtos alimentarios, xénero de punto). Do seu patrimonio cultural destaca o castelo de Guadamur (s XV).