"Andria" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 36.

  • PERSOEIRO

    Teólogo e bispo de Alexandría. Coñecido como Denís o Grande ou o Magno, foi discípulo de Oríxenes, a quen sucedeu á fronte da escola cristiá de Alexandría. Foi elixido bispo de Alexandría (247) e sufriu a persecución do Emperador Decio ata que, finalmente, se retirou ao deserto. Á súa volta (262), enfrontouse a Novaciano, líder dos teólogos alexandrinos, participou activamente nas controversias contra os herexes e apoiou o papa de Roma. Durante a persecución de Valeriano (257), o gobernador de Exipto esixiulle adorar os ídolos do Imperio, pero, ao se negar, foi desterrado ao deserto de Libia. Dous anos despois, o emperador foi apresado polos inimigos e Denís e os seus sacerdotes puideron volver a Alexandría, onde permanecería ata a súa morte. A súa festividade celébrase o 17 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Os seus escritos sobre álxebra contribuíron de maneira esencial ao perfeccionamento da notación alxébrica e ao establecemento de novas vías de investigación. Na súa obra principal, Aritmética, que consta de trece libros dos que só se conservan seis, tratou unha ampla serie de problemas numéricos, aínda que se limitou en xeral a procurar solucións particulares mediante algunha artimaña de cálculo e admitir só como solucións os números enteiros e racionais positivos. A súa obra influíu no posterior desenvolvemento da xeometría analítica, na teoría dos números e na álxebra moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca de Alexandría (444-451). Seguiu as doutrinas do monxe Eutiques, quen consideraba que a unión das dúas naturezas de Cristo era tan estreita que a súa humanidade era pura aparencia. Cando condenaron este monxe, reuniu un concilio en Éfeso (449), no que conseguiu rehabilitar as formulacións monofisitas. No Concilio ecuménico de Calcedonia (451), rexeitaron a súa doutrina e foi deposto e enviado ao exilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo helenístico. Dirixiu unha delegación enviada a Roma polos xudeus de Alexandría durante o goberno de Calígula. Os seus escritos son un intento de conciliación entre a relixión xudía e a cultura grega por medio da arte da alegoría. Influenciado polo estoicismo, o platonismo, o aristotelismo e o neopitagorismo, consideraba que o logos intervén como mediador entre o carácter absoluto de Deus e a creación, e que a divina sabedoría se articula na natureza e na intelixencia humana. Clasifícanse as súas obras en exposicións catequéticas, comentarios alegóricos á Xenese, exposicións sobre a relixión mosaica e escritos diversos. Entre os seus traballos de esexese, destacan Comentario alegórico á Xenese; entre as obras de apoloxía do xudaísmo, Moisés e A humanidade; e, entre os tratados filosóficos, Sobre a escravitude do insensato e Sobre a liberdade do sabio. Malia a súa defensa da fe bíblica, non foi aceptado polo xudaísmo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e inventor grego. Foi o inventor de máquinas como a dioptra, o odómetro (sistema de engrenaxes combinadas para contar as voltas dunha roda) e a eolipila, quizais o máis importante, precursora da turbina de vapor. Estableceu unha fórmula para obter a área dun triángulo (fórmula de Herón) e un método aproximativo para calcular as raíces cadradas e cúbicas. Encontrou solucións alxébricas das ecuacións de primeiro e segundo grao. Entre as obras de carácter científico que se lle atribúen destacan Métrica, manuscritos con finalidade práctica onde se estudian áreas, volumes e división de figuras en partes proporcionais; Mecánica, en que se estudian as proporcións das figuras, as maquinas simples e as aplicacións da mecánica; Pneumaticorum libri duo, libro técnico sobre pneumática que no prefacio trata o concepto de baleiro por primeira vez; Catóptrica, que trata os espellos planos, cóncavos e convexos; e Dioptra, sobre o uso deste aparello...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anacoreta. Coñecido como o Grande, viviu no deserto de Scete onde se encargaba da asistencia espiritual doutros anacoretas. A súa festividade celébrase o 15 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático grego. Foi o primeiro en separar a trigonometría da estereometría e da astronomía. Fixo a primeira definición de triángulo esférico e estableceu os fundamentos da trigonometría esférica. Na súa obra Sphaerica enunciou o teorema de Menelao, que é unha extensión aos triángulos esféricos dun teorema de triángulos planos que se coñece desde a Antigüidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aversión aos homes, ao sexo masculino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - 250) Mártir. Foi detido durante a persecución de Decio e martirizado na fogueira xunto con bandidos e ladróns da cidade. A súa festividade celébrase o 19 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático grego. É autor dunha Colección matemática en oito volumes. Enunciou, ademais, algúns teoremas xeométricos propios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema matrimonial poligámico polo que unha muller se pode unir legalmente con máis dun home. Practícase en moi poucas zonas do mundo, entre elas en India, algúns grupos tibetanos e os polinesios das illas Marquesas.

    2. Presenza na flor de vinte ou máis estames.

    3. Estado en que unha soa femia fecunda vive en sociedade con diversos machos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Fenómeno polo que os machos nacen antes ca as femias.

      2. Maduración das gónadas masculinas, en certas especies hermafroditas, antes ca as femininas.

    1. Forma dicogámica na que a maduración dos estames de cada flor se produce antes que a dos pistilos. Son organismos unisexuais desde o punto de vista ecolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca de Alexandría (385-412). Propugnou sen escrúpulos o predominio da sé alexandrina en Oriente e foi un adversario violento dos pagáns e dos oroxenistas. Acusou a Xoán Crisóstomo de selo e, en 403, conseguiu que fose deposto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comentarista grego do período alexandrino. Crese que foi o último científico encargado do Museo de Alexandría. Escribiu uns comentarios á obra de Ptolomeo e unha edición comentada dos Elementos e da Óptica de Euclides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Converteuse ao cristianismo lendo as epístolas de san Paulo e, disfrazada de home, entrou nun mosteiro onde chegou a ser abade. Dedicouse a facer vida de santidade e sacrificio. Torturárona e degolárona en Roma. Iconograficamente representouse vestida con longa túnica e manto ou cun hábito de monxe. Como atributo persoal leva unha espada. A súa festividade celébrase o 12 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disposición das flores na que presentan o xineceo e o androceo soldados a unha soa peza.

    2. Trastorno que produce na muller un crecemento excesivo do clítoris e un pechamento dos labios maiores.

    3. masculinismo.

    VER O DETALLE DO TERMO