poliandria

poliandria

(< poli- + andro- + -ia)

  1. s f [ETN]

    Sistema matrimonial poligámico polo que unha muller se pode unir legalmente con máis dun home. Practícase en moi poucas zonas do mundo, entre elas en India, algúns grupos tibetanos e os polinesios das illas Marquesas.

  2. s f [BOT]

    Presenza na flor de vinte ou máis estames.

  3. s f [ZOOL]

    Estado en que unha soa femia fecunda vive en sociedade con diversos machos.