poliamida
poliamida
(
s
f
[QUÍM]
Cada un dos compostos poliméricos que conteñen grupos amida (-CO-NH-) repetidos ao longo da cadea principal do polímero. Os tipos máis importantes de poliamidas son, desde un punto de vista comercial, as lineais alifáticas, coñecidas comercialmente como nailon, as ramificadas alifáticas, que non están fiadas e aplícanse na preparación de recubrimentos e adhesivos, e as aromáticas, con excelentes propiedades térmicas. Algúns polímeros naturais, como os péptidos e as proteínas, teñen estrutura de poliamida.