"Anido" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 32.

  • GALICIA

    Militar e político. Foi gobernador militar (1917-1920) e civil (1920-1922) de Barcelona, cargo en que destacou pola súa situación en contra dos sindicalistas, especialmente contra a CNT, mediante a aplicación da Lei de Fugas. Miguel Primo de Rivera nomeouno director xeral de seguridade e ministro de Gobernación (1925-1930). Exiliado en Francia (1931), voltou a España en 1936 para unirse ao alzamento militar. Ocupou a carteira de Orde Pública (1938) no primeiro goberno de Franco, despois de ser desde 1937, xefe de seguridade interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pelecánidos.

    2. Ave da familia dos pelecánidos.

    3. Familia de aves, da orde dos pelecaniformes, que miden entre 120 e 175 cm, e que se caracterizan por seren palmípedes, coas patas curtas, o pescozo longo e o peteiro grande, alongado e cunha bolsa amarela membranosa moi desenvolvida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pelecánido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e empresario. Licenciado en Dereito e diplomado en Maxisterio, cursou tamén estudos de música. Foi concelleiro (1941) e alcalde (1957-1964) de Santiago de Compostela, onde tamén foi vicepresidente da Cámara Oficial de Comercio (1956). Presidiu o Aero Club de Santiago (1967-1970) e a Deputación da Coruña (1970-1974) e, en representación da mesma, foi procurador en Cortes (1970-1974). Fundou a editorial Porto y Cía. Editores e foi xerente do Sanatorio Psiquiátrico de Conxo (1976-1988).
    Recibiu, entre outros galardóns, o título de comendador da Orde do Mérito Civil, a Cruz de Guerra e o título de concelleiro honorífico da Mancomunidade de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ránidos.

    2. Anfibio da familia dos ránidos.

    3. Familia de anfibios anuros que se caracterizan pola falta das falanxes intercalares cartilaxinosas e polo feito de presentar a cintura escapular soldada á parte media e as vértebras sacras coas apófises transversais dilatadas. Saltadores, escavadores, arborícolas, áxiles e elegantes, ocupan os hábitats máis variados, pero en xeral son formas de vida acuática. Difundidos por todo o planeta, habitan maioritariamente en África. O xénero Rana é o máis importante da familia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos serránidos.

    2. Peixe da familia dos serránidos.

    3. Familia de peixes, da orde dos perciformes, a maioría grosos, con corpo robusto, máis ou menos alongado e un pouco comprimido. Habitan nos mares tropicais ou temperados, sobre fondos rochosos, formando moreas importantes, pero tamén hai certas especies de augas salobres e doces.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tabánidos.

    2. Insecto da familia dos tabánidos.

    3. Familia de insectos, da orde dos dípteros, co corpo groso e curto, con balancíns visibles e ás veces grosos. Os machos aliméntanse de néctar e sucos vexetais e as femias son hematófagas de mamíferos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tiránidos.

    2. Ave da familia dos tiránidos.

    3. Familia de aves, da orde dos paseriformes, co corpo de tamaño medio e o peteiro agudo e forte. Son fruxívoras e insectívoras, alimentándose principalmente de insectos que cazan, a maioría das veces, agardando desde un poleiro. Habitan en espazos abertos e é unha das familias máis numerosas de aves do trópico americano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á raza turánida ou aos seus representantes.

    2. Individuo da raza turánida.

    3. Raza intermedia entre o grupo leucodermo e o xantodermo, moi braquicéfala, de talle mediano, cara alongada con pómulos saídos e ollos alongados, que ocupa Rusia meridional e Turkestán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos uránidos.

    2. Insecto da familia dos uránidos.

    3. Familia de insectos lepidópteros, do grupo dos heteróceros, de corpo pequeno ou mediano, a miúdo de coloracións metálicas e brillantes, coas ás moi desenvolvidas respecto do corpo. Pertencen a esta familia bolboretas moi vistosas de distribución preferentemente tropical.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos varánidos.

    2. Réptil da familia dos varánidos.

    3. Familia de réptiles, parecidos a lagartos grandes, co corpo alongado (entre 20 cm e 3,5 m), peteiro apuntado, poutas fortes e cola longa e, nas formas acuáticas, comprimida lateralmente. Colonizan todos os medios (desertos, bosques, zonas húmidas ou sabanas), e hai representantes acuáticos e arborícolas. Son carnívoros e grandes depredadores, aliméntanse de toda clase de vertebrados. Son ovíparos, mais non incuban os seus ovos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos xacánidos.

    2. Ave da familia dos xacánidos.

    3. s

    VER O DETALLE DO TERMO