serránido -da
serránido -da
(< lat científico Serranus)
-
adx
Relativo ou pertencente aos serránidos.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe da familia dos serránidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT]
Familia de peixes, da orde dos perciformes, a maioría grosos, con corpo robusto, máis ou menos alongado e un pouco comprimido. Habitan nos mares tropicais ou temperados, sobre fondos rochosos, formando moreas importantes, pero tamén hai certas especies de augas salobres e doces.