serrana

serrana

(< serrano)

  1. s f [LIT]

    Composición poética semellante a unha serranilla.

  2. s f [LIT]

    Personaxe feminino, creado na Idade Media, que representaba a unha muller fermosa e culta, e que alindaba animais no campo cando se lle achegaba un camiñante que quedaba namorado dela. O Arcipreste de Hita satirizou estas obras e personaxes transformando os tipos idealizados en mulleres ordinarias, feas e rudas ás que os camiñantes non se achegaban por medo.

  3. s f [MÚS]

    Canción popular de orixe castelá (Ávila) ou andaluza (serrana andaluza). Estas últimas cántanse co acompañamento de guitarra e pertencen á música flamenca.