serranilla

serranilla

(< cast serranilla)

s f [LIT]

Composición poética medieval relacionada en parte coa pastorela provenzal, que narra o diálogo entre un cabaleiro e unha dona, que pode ser a serrana, a quen lle demanda axuda para atravesar as serras, ou ben unha pastora que el quere namorar e que o acepta ou rexeita.