"Anju" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 31.

  • GALICIA

    Industrial. Formouse no taller artesanal de fundición e reloxaría do seu pai e, con 17 anos, emigrou a La Habana, onde rexentou un taller de caldeiraría. Posteriormente, instalouse en Vigo e creou La Industriosa, un taller de fundición onde se fixo a primeira máquina e caldeira de vapor de Galicia, e onde tamén desenvolveu a construción naval. Durante a guerra contra EE UU creou a boia submarina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Ao remate da Guerra Civil Española, ingresou no Corpo Xurídico Militar. Alcalde da Coruña (1963-1965), baixo o seu mandato constituíuse o Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses e o padroado de vivendas Nosa Señora do Rosario. Presidiu o Instituto Nacional de Previsión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Traballou na catedral de Lugo, onde realizou a representación da gloria con anxos e serafíns para o altar maior, e desde 1812 en Santiago de Compostela. Realizou diversas obras para Santa María do Camiño e San Bieito do Campo e as imaxes dos catro evanxelistas para a capela do Hospital Real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, marqués de Casa Pardiñas, fillo de Ramón Sanjurjo Pardiñas Villardefrancos. Foi deputado polo distrito de Corcubión (1901-1907) e polo de Arzúa (1907-1919), gobernador civil en diversas ocasións e alcalde de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, marqués de Casa Pardiñas, sobriño de Ramón Pardiñas Villardefrancos. En 1856 rematou os estudos de leis en Santiago de Compostela, onde foi alcalde. Foi deputado en Cortes pola sección de Pontevedra (1865-1866) e polo distrito de Corcubión (1871-1873, 1876-1878).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista, conde de Torre Penela. Foi xuíz de Lugo (1836), oidor da Real Audiencia de La Habana (1849) e maxistrado decano da Audiencia de Manila (1869). Membro do Partido Moderado, foi deputado en Cortes pola provincia de Ourense (1839-1841, 1844-1846) e polo distrito de Bande (1850-1854, 1857-1858, 1863-1865). O seu irmán Manuel Pérez Sanjurjo , foi deputado polos distritos de Ordes (1853-1854) e Ponteareas (1857-1858) e pola sección da Coruña (1867-1868).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Loitou en Cuba e África. Foi director da Guardia Civil (1928) e do corpo de carabineiros (1932) e capitán xeneral de València (1929). O 10 de agosto de 1932 alzouse contra a Segunda República, pero fracasou e foi detido. Amnistiado en 1934, trasladouse a Portugal. Morreu nun accidente aéreo cando se ía incorporar ao exército franquista en 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Foi un dos fundadores do grupo anarquista Ni Dios ni Amo, director de El Corsario (1893-1896), membro de La Antorcha Galaica del Librepensamiento (1897) e do Centro de Estudios Sociales Germinal (1902) e participou na Sociedad de Sastres y Sastras La Fraternidad (1901). Durante a Guerra Civil Española, foi internado no penal da Illa de San Simón. Colaborou en Revista Blanca, e escribiu Aclaraciones (1905), Abnegación (1925), El Hereje (1925) e El nudo gordiano (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Lampung, situada na illa de Sumatra, Indonesia (284.275 h [1980]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Estudou en Santiago de Compostela, onde fundou os xornais El Pensamiento de Galicia e El Pensamiento Galaico (1887). Foi deputado (1893-1919) e fundou o Partido Tradicionalista e El Pensamiento Español (1919). Sostiña que os tres puntais do tradicionalismo eran a unidade católica, a monarquía cristiá e a liberdade municipal. Propugnaba unha representación corporativista e, en política internacional, era partidario da federación con Portugal e do achegamento a América Latina. En Galicia participou en diversos actos rexionalistas. Foi correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO