Sanjurjo, Xosé
Sanjurjo, Xosé
Sindicalista. Foi un dos fundadores do grupo anarquista Ni Dios ni Amo, director de El Corsario (1893-1896), membro de La Antorcha Galaica del Librepensamiento (1897) e do Centro de Estudios Sociales Germinal (1902) e participou na Sociedad de Sastres y Sastras La Fraternidad (1901). Durante a Guerra Civil Española, foi internado no penal da Illa de San Simón. Colaborou en Revista Blanca, e escribiu Aclaraciones (1905), Abnegación (1925), El Hereje (1925) e El nudo gordiano (1931).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña