"Arāk" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 26.

  • Raza ovina do tipo asiático procedente de Turkestán. A principios do s XX foi introducida en Europa, América e África. A súa pel adoita ser de cor negra intensa, de distintas variedades de gris, marrón ou branca, e é moi apreciada, especialmente a dos años acabados de nacer ou que naceron mortos, coñecida como astracán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deserto de area de Turkmenistán (350.000 km2), situado entre o Mar Caspio e o río Amudarja.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (5.292 km2; 942.171 h [2000]). A súa capital é Maha Sarakham (51.881 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político exipcio. En 1969 foi nomeado xeneral e xefe do Estado Maior da forza aérea. En 1975 ocupou o cargo de vicepresidente da república e en 1978 o de vicepresidente do partido gobernante en Exipto, o Hizb al Dimuqratiyah al Wataniyah (Partido Nacional Democrático, HDW). En outubro de 1981, coa morte de Anwar al-Sadat, converteuse en primeiro ministro e presidente da república, cargo en que foi confirmado por referendo o mesmo mes e reelixido en 1987 e en 1993. Combateu o fundamentalismo islámico, destacou no proceso de paz de Próximo Oriente e, en 1989, conseguiu a readmisión do país na Liga Árabe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos qarakhánidas.

    2. Membro da dinastía turca, tamén coñecida como il-khan, que reinou en Asia Central desde mediados do s X ata comezos do s XIII. Foron islamizados no s X por influencia dos samánidas. Formaron dous khanatos, o de Qäshqär, que pronto pasou a ser un importante foco de islamización cara as fronteiras de China e Mongolia, e o khanato occidental que sufriu repetidos ataques dos selxúcidas, ata que a finais do s XI tivo que aceptar a súa soberanía. O territorio do derradeiro khan, ‘Utmān ibn Ibrāhīm, reduciuse ás terras próximas a Bukhara e Samarcanda, e os seus descendentes remataron recoñecendo a soberanía de Xenguis Khan.

    3. Primeira literatura islámica en lingua turca, que xurdiu durante a dominación qarakhánida. O Qudatgu bilig (A ciencia que leva á felicidade), escrito por Yūsuf Khāṣṣ Ḥājib en 1070, é a primeira obra coñecida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Membro da Resistencia grega durante a ocupación nazi, ao ser descuberto foi condenado a morte. Considerado un dos máis destacados escritores gregos da súa xeración, denunciou en moitas das súas obras a represión como en O erro (1965), de carácter policial e político.

    VER O DETALLE DO TERMO