karakul
karakul
s
m
[ZOOL]
Raza ovina do tipo asiático procedente de Turkestán. A principios do s XX foi introducida en Europa, América e África. A súa pel adoita ser de cor negra intensa, de distintas variedades de gris, marrón ou branca, e é moi apreciada, especialmente a dos años acabados de nacer ou que naceron mortos, coñecida como astracán.