"Aragón" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 77.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de muller de orixe xermánica, composto por ara- ‘aguia’ e -guntia, derivado de *gunti ‘loita’. Dunha variante deste nome, Aragontia, procede o topónimo Aragonza (Fiestras, Silleda). Aínda que non figura no santoral, houbo unha santa galega con este nome no s X.
-
PERSOEIRO
Nobre galega, da familia dos condes de Deza, sobriña de santa Ilduara e tía de san Rosendo. Sendo nova casou con Ordoño II, Rei de Galicia entre os anos 910-914 e logo de León, quen non tardaría en repudiala. Daquela, Aragonta retirouse ao mosteiro de Salceda de Caselas, onde levou unha vida relixiosa e edificante, baixo a dirección espiritual do seu parente, santo Hermenexildo. Antes de morrer envioulle un recado ao seu sobriño san Rosendo coa fin de que acudise ao mosterio para axudala a pasar o tránsito da morte pero, segundo a lenda, xa non tivo tempo a chegar: cando estaba preto da Franqueira escoitou unhas voces celestiais que cantaban o Gloria; con este aviso divino san Rosendo decatouse de que a súa tía acababa de morrer. O culto de santa Aragonta, centrado na zona do Baixo Miño, foi especialmente mantido pola orde bieita, non obstante non figura no santoral.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Depósito establecido en Zaragoza para axuntar a documentación do antigo Reino de Aragón. A súa formación foi ordenada polas cortes de Monzón do 1427. As bombas francesas de 1809 incendiárono nunha boa parte. A conservada da deputación do Reino comprende, entre outras, as seguintes seccións: obras, correo enviado, mandatos, inventarios, nomeamentos, rexistros de actas, índice sumario, asistencia, habilitación de cabaleiros, matrículas de insaculados, infanzonía e finanzas.
-
PERSOEIRO
Raíña de Hungría, filla de Fernando I de Nápoles e de Isabel de Chiaromonte. Casada no 1475 con Matías I de Hungría foi acusada da súa morte e desterrada, volveu a Nápoles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filla de Xaime II e Branca de Anjou. En 1316 tomou o hábito dos hospitaleiros na catedral de Tarragona. Foi educada no mosteiro de Sixena onde foi priora en 1321. Renunciou ao priorado e pasou os seus últimos anos en Barcelona xunto á súa irmá María.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón (2.019 h [1996]). Situado entre os ríos Jalón e o seu afluente, o Aranda, na conca do Ebro; a súa economía baséase na agricultura (destacando os cultivos de cereais, produtos hortícolas e árbores froiteiras) e na industria do calzado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xunta restritiva do Consello de Aragón que resolvía cuestións de tipo particular, tanto persoais coma locais. Estaba integrada xeralmente por representantes do país ou da rexión afectada. Ao ser suprimido o Consello de Aragón en 1707, a Cámara quedou adscrita ao Consello de Castela.
-
PERSOEIRO
Escritor. Exiliouse a México onde realizou a súa obra. Publicou os libros de poemas Luna Park (1924) e El hombre y la encrucijada (1950), e diversas obras de ensaio como Guatemala, las líneas de su mano (1955) e Guatemala con una piedra adentro (1983), nas que expresaba a nostalxia do seu país. Recolleu as súas ideas estético-literarias en Perfiles (1964) e Dibujos de ciego (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carlos de Aragón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos trazos lingüísticos que caracterizan a lingua falada na zona xeográfica de contacto entre o catalán e o aragonés.
-
PERSOEIRO
Raíña de Inglaterra (1509-1536), filla dos reis Católicos e nai de María Tudor. En 1502 casou con Arturo, príncipe de Gales, e, trala morte deste, co seu irmán, Enrique VIII de Inglaterra. Rodeouse de serventes casteláns e foi protectora dos humanistas. A falta de sucesión masculina e a paixón do rei por Ana Bolena conducírono a anular o primeiro matrimonio (1531) sen esperar pola decisión papal (1533), o que provocou a ruptura con Roma e o inicio do cisma anglicano. Estivo recluída nos castelos de Hampthill (1531), Bucken (1533) e Kimbolton (1535), pero nunca renunciou ao título de raíña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Vicerrei de Nueva España (1680-1686) e conde de Paredes. Durante a súa administración colonial favoreceu a instalación de novos poboadores na vila de Santa Fe de Nuevo México, coa concesión do título de cidade e co patrocinio da expedición a California de Isidro de Atondo. Cando volveu á Península incorporouse ao Consello de Indias e foi mordomo da raíña.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Albacete, Castela-A-Mancha, situado ao SL da cidade de Albacete (3.153 h[1996]). A economía baséase na agricultura de secaño (cereais e vides) e na gandería. A vila de Chinchilla, que foi cabeza de marquesado de Villena, conserva edificios góticos e renacentistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación política xurdida o 29 de xuño de 1986 co obxectivo de unificar as organizacións aragonesas que, desde 1919, se formaran na emigración cos nomes de Unión Aragonesista e Estado Aragonés. Tras varios anos de consolidación, nos que accederon a diversas alcaldías e ao Parlamento Europeo cun deputado, en 1999 conseguiron grupo parlamentario nas Cortes de Aragón e no ano 2000 un representante, José Antonio Labordeta, no Congreso de los Diputados. ChA autodefínese como articulador, desde a esquerda, do nacionalismo en Aragón. O máximo órgano soberano da Chunta Aragonesista que ten o poder de elixir presidente é a Asambleya Nazional, composta polos delegados das organizacións comarcais. Durante o período no que non se convoca a Asambleya Nazional, a coordenación do partido corre a cargo do Comité Nazional xunto co Consello Nazional formado polo presidente da Chunta e doce conselleiros que se reúnen mensualmente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado a mediados de outubro de 1936 polos anarcosindicalistas da zona republicana de Aragón, mentres se desenvolvía a Guerra Civil española, que exerceu as funcións de goberno. Presidido por Joaquín Ascaso e con sede en Fraga, asumiu as funcións públicas semellantes ás dun goberno, con departamentos de Xustiza, Orde Pública, Agricultura, Información e Propaganda, Transportes e Comercio, Instrución Pública, Economía e Abastos, e Traballo. O goberno republicano de Largo Caballero recoñeceu oficialmente este Consello o 23 de decembro de 1936, ao que lle engadiu novos conselleiros que representaban a UGT e os comunistas, entre outros grupos, e a súa sede trasladouse a Caspe. O Consello adoptou un conxunto de medidas que se poden interpretar como reflexo da revolución anarcosindicalista, entre as que destaca a colectivización nas vilas deste territorio. Pero a política de afirmación do poder central que emprendeu o goberno de Negrín, orixinou a súa supresión o 10 de agosto de 1937.
-
PERSOEIRO
Raíña de Hungría e emperatriz do Sacro Imperio, filla de Afonso I de Aragón e de Sancha de Castela. Casou con Eimerico I de Hungría, quedou viúva en 1204 e catro anos despois casou co rei de Sicilia Federico II, quen posteriormente sería emperador do Sacro Imperio (1220).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Mallorca, filla de Xaime I o Conquistador e Violante de Hungría. Casou co infante Manuel, fillo de Fernando III o Santo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Mallorca (1325-1344), filla de Afonso IV o Benigno de Aragón e Tareixa de Entenza. Casou en 1335 co seu curmán Xaime III de Mallorca e tivo dous fillos, Xaime IV e Isabel. En 1343 o seu irmán, Pedro IV o Cerimonioso, despoxou os seus fillos do reino e tiveron que fuxir a Francia no 1346.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Autor teatral. Foi gobernador do cárcere de Calatrava, escribán en Granada e na corte. Publicou unha colección de poemas e doce pezas teatrais co título El enano de las Musas (1654). Das súas obras destacan, entre outras, Las muñecas de Marcela, Los triunfos de San Miguel e El rayo de Andalucía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Infante de Aragón, conde de Alburquerque, fillo de Fernando I de Aragón e de Leonor de Castela. Dirixiu o grupo aragonés no Reino de Castela e fíxose co goberno do reino despois de capturar o Rei Xoán II en Tordesillas (1420). Nese ano casou coa irmá do rei, Catarina de Castela, pero en decembro perdeu o poder e permaneceu en prisión entre 1422 e 1425. En alianza co seu irmán Xoán (futuro Xoán II de Aragón), derrotou o privado Álvaro de Luna (1426). Perdeu as súas propiedades pola súa participación na guerra entre Castela e a Coroa de Aragón e marchou a Italia, onde combateu xunto a Afonso V de Aragón (1435). Á súa volta a Castela asinou, xunto cos seus irmáns, o Acordo de Castronuño (1439), sen embargo, o enfrontamento continuou: derrotaron a Álvaro de Luna (1441) e capturaron o rei. Casou en segundas nupcias con Beatriz Pimentel (1444) e morreu, trala Batalla de Olmedo, na loita contra a coalición do monarca e Álvaro de Luna. Jorge Manrique inmortalizouno nas súas Coplas a la muerte...
VER O DETALLE DO TERMO