Chunta Aragonesista
Agrupación política xurdida o 29 de xuño de 1986 co obxectivo de unificar as organizacións aragonesas que, desde 1919, se formaran na emigración cos nomes de Unión Aragonesista e Estado Aragonés. Tras varios anos de consolidación, nos que accederon a diversas alcaldías e ao Parlamento Europeo cun deputado, en 1999 conseguiron grupo parlamentario nas Cortes de Aragón e no ano 2000 un representante, José Antonio Labordeta, no Congreso de los Diputados. ChA autodefínese como articulador, desde a esquerda, do nacionalismo en Aragón. O máximo órgano soberano da Chunta Aragonesista que ten o poder de elixir presidente é a Asambleya Nazional, composta polos delegados das organizacións comarcais. Durante o período no que non se convoca a Asambleya Nazional, a coordenación do partido corre a cargo do Comité Nazional xunto co Consello Nazional formado polo presidente da Chunta e doce conselleiros que se reúnen mensualmente.