"Arce" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 252.
-
-
Dignidade de arcediago.
-
Territorio da xurisdición do arcediago.
-
Casa que habita un arcediago.
-
-
-
Membro principal dun cabido catedralicio, primeiro entre os diáconos, encargado de dirixir o cabido e que segue na importancia do seu cargo ao bispo.
-
Primeiro ou principal dos diáconos dunha igrexa.
-
Cargo eclesiástico situado tralo bispo. As primeiras referencias ao cargo datan do s IV cando se lles encarga auxiliar aos bispos en diferentes tarefas administrativas e litúrxicas como asistir ás ordenacións, controlar o traballo do clero, substituír o bispo na súa ausencia e, en xeral, funcións de vigairo. Ao medrar o seu poder xurisdicional, nalgunhas dióceses nomeáronse varios arcediagos e creouse un territorio de seu, o arcediagado. Desde os concilios de Braga (561) e de Mérida (666) está documentada a existencia do cargo. Trala ocupación da Península Ibérica polos musulmáns (711) ata o ano 1087 desaparecen as referencias documentais a este cargo; sen embargo, nos concilios de Santiago de 1060 e 1063 alúdese aos arcediagos con outro nome, e establécese a obriga de restauralo na diócese onde non existise. Co aumento da poboación e da extensión das dióceses aumentou o seu número. Os arcediagos galegos gozaron nas súas demarcacións de moita autonomía xurisdicional tanto no temporal como...
-
-
-
PERSOEIRO
Poeta do Cancionero de Baena e un dos representantes da escola galego-castelá. Se ben o único dato biográfico que coñecemos, a través das rúbricas das súas composicións, é o do cargo eclesiástico que desempeñou, parece que é posible identificalo con Gonzalo Rodríguez que figura como testemuña no tratado asinado en Salvaterra en 1383 entre as coroas de Castela e Portugal, e relativo ao casamento do Rei castelán Xoán I e Dona Beatriz, filla do Rei portugués Fernando I. Viviu, xa que logo, durante o reinado de D. Xoán I de Castela (1379-1390). Na Carta Proemio escrita polo Marqués de Santillana a don Pedro, condestable de Portugal aparece nomeado como un dos poetas máis sobranceiros deste período. Algúns indicios apuntan a unha posible orixe galega: emprego do galego, presenza numerosa de cargos eclesiásticos galego-portugueses no tratado de Salvaterra, orixe galega de personaxes citadas nas súas poesías, etc. Deste autor consérvanse seis composicións, sobre as que a crítica...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ponte sobre o río Ulla, pola marxe dereita pertence á parroquia de Arcediago, no concello de Santiso e, pola marxe esquerda, á parroquia de Berredo, no concello de Agolada. Trátase dunha ponte con tres vans de sillería do século XIX con arcos rebaixados. Está situada no trazado da estrada C-540 de Betanzos a Agolada.
-
MONTES
Monte da parroquia de San Xurxo de Sacos, concello de Cotobade, na cota dos 500 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da parroquia de Riobó, concello de Rodeiro, de 686 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de protozoos rizópodos que segregan unha cápsula quitinosa de forma aplanada, composta de pequenos prismas hexagonais e impregnada de compostos ferruxinosos. Por unha abertura saen os lobopodios. Viven libremente nas augas doces.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Marxe dunha estrada, marcada cunha liña, que se destina aos peóns, a bicicletas e vehículos de tracción animal, e á parada de vehículos en caso de necesidade.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Boimorto baixo a advocación de san Vicente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico cirurxián. É autor de De recta vulnerum curandorum ratione (Anveres, 1574), que foi traducida ao alemán, ao inglés e ao holandés. A súa vixencia chega ata as edicións do s XVIII (1717).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo grego. Discípulo de Teofrasto e condiscípulo de Zenón de Elea. Escolarca, moderadamente escéptico da academia platónica. Dirixiu esta academia despois de Crates durante o período denominado “Academia mediana” ou “segunda Academia”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ensaísta e novelista francés. Formou parte da dirección de La Nouvelle Revue Française (A Nova Revista Francesa) e publicou novelas e contos de intención moralista, entre outros, L´Ordre (A orde, Premio Goncourt, 1929) e o libro de relatos Attendez l´aube (Esperade a alba, 1970). Publicou tamén ensaios de crítica como Proche du Silence (Achegado ao silencio, 1973) e o dietario Je vous écris (Escríbovos, 1960-1963). Foi elixido membro da Académie Française en 1968.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Dominaba a versificación e a metáfora. Escribiu un poema latino en honor do humanista Álvaro Cadaval Valladares de Sotomayor. Segundo Murguía, escribiu o tratado De sacramentis.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo e historiador de arte. Autor de numerosas obras sobre a arte románica e gótica francesa como La sculpture française au Moyen Áge (A escultura francesa na Idade Media, 1947) e sobre a arte catalá coa obra L’art de la Catalogne (A arte de Catalunya, 1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa francesa de construcións aeronáuticas, constituída a raíz da fusión en 1971 dos Ateliers d’Aviation Louis Breguet (ou Breguet-Aviation) co grupo Marcel Dassault, que xa adquirira Breguet-Aviation no 1967. Fabrica avións civís (como o Mystère) e, sobre todo, avións militares Mirage, Jaguar, Alphajet e Super-Eténdard.
-
PERSOEIRO
Narrador e dramaturgo francés. Describiu con humor escéptico a sociedade e os sentimentos contemporáneos. A súa primeira novela foi La table aux crevés (A mesa para os mortos, 1929). La jument verte (A égua verde, 1933) considérase unha das súas mellores novelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo franciscano de orixe lucense. Foi fundador de varios conventos e preparou o Capítulo Xeral de Tolosa. Foi discípulo de san Boaventura e escribiu unha obra sobre cuestións metafísicas que se atribuíu erroneamente a Duns Escoto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica de Valcarce, apelido de orixe toponímica. Este nome de lugar xa se documenta na Idade Media como valle carceris ‘val encaixado’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica de Valcárcel, forma castelá que remite ao apelido galego Valcarce. Trátase dun apelido de orixe toponímica, pois xa na Idade Media se documenta este nome de lugar: valle carceris ‘val encaixado’. O apelido atéstase desde o s XIV: “Garcia Rodrigues de Valcarcere” (doc s XIV en Señores y campesinos en Galicia s XIV-XVI).