"Arden" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 49.
-
PERSOEIRO
Política e escritora. Ocupou diversos cargos gobernamentais e en 1929 converteuse na primeira muller que foi conselleira de Estado. Foi tamén presidenta do Comité Nacional de Mujeres. Entre as súas publicacións destacan Rosario de prosa lírica e Oración maternal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de sala. Foi tesoureiro de Isabel I a Católica. Loitou nas guerras de Portugal e na de Granada e obtivo, ademais de numerosos cargos, diferentes señoríos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático. Foi embaixador de Filipe III en Venecia e mais en París (1609), onde gañou a confianza de Maria de Medici. Opúxose á política contraria aos Habsburgo de Enrique IV de Francia. Negociou os matrimonios de Filipe IV con Isabel de Borbón e de Luís XIII con Ana de Austria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, fillo do ex-presidente Lázaro Cárdenas. Graduado na Escola Nacional de Enxeñería en 1957, iniciou a súa carreira política no Partido Revolucionario Institucional (PRI), do que se separou en 1987 para presentarse ás eleccións presidenciais de 1988 pola Frente Democrático Nacional (FDN), coalición de centro-esquerda. En 1994 reorganizou o que pasou a denominarse Partido de la Revolución Democrática (PRD), co que se presentou ás eleccións, e nas que foi superado novamente pola candidatura do PRI. En xullo de 1997 presentouse a alcalde do departamento do Distrito Federal, cargo que obtivo e co que se convertería no primeiro político dun partido distinto ao PRI que conseguía un posto tan relevante desde 1929.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político mexicano. Participou na Revolución Mexicana e foi partidario nun primeiro momento de Panchi Villa, para pasar despois ao constitucionalismo de Venustiano Carranza e Plutarco Elías Calles. En 1929 foi elixido presidente do Partido Revolucionario Nacional (PRN). Ocupou diversos ministerios desde 1931 a 1933 e foi Presidente da República entre 1934 e 1940. Impulsou a reforma agraria, secularizou o ensino, fortaleceu as organizacións sindicais, fomentou a industrialización do país e nacionalizou os monopolios petrolíferos. En 1938 reorganizou o PRN, transformado no Partido de la Revolución Mexicana e dividido en catro seccións: obreira, campesiña, popular e militar. Durante a Guerra Civil española apoiou a causa da República e acolleu en México os exiliados republicanos. Nos anos sesenta protagonizou un movemento de apoio ao réxime cubano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
[Dipsacus fullonum, Fam das dipsacáceas]
-
PERSOEIRO
Rei de Sardeña (1831-1849). Fillo de Carlos Manuel de Savoia, príncipe de Carignano. Participou no levantamento de marzo de 1821; trala abdicación do seu primo, Víctor Manuel I, instituíuse rexente do reino e proclamou a constitución das Cortes de Cádiz do 1812. Ante a intervención de Austria e a entronización de Carlos Félix no 1821, tivo que retirarse. Loitou xunto cos Cen Mil Fillos de San Luís fronte aos liberais españois en 1823. En 1831 foi proclamado rei e adoptou unha actitude ambigua respecto ao movemento do Risorgimento: reprimiu a axitación mazziana (1833-1834) e adoptou medidas liberais. Encabezou a guerra pola unidade e foi derrotado en San Donato, no 1848, e en Novara, no 1849. Abdicou a favor do seu fillo Víctor Manuel II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Sardeña (1821-1831). Fillo de Víctor Amadeo III, da dinastía de Savoia, e irmán de Víctor Manuel III, a quen sucedeu. Aboliu a Constitución concedida polo rexente Carlos Alberte e restableceu o goberno absolutista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Savoia e rei de Sardeña (1730-1773). Fillo do Rei Víctor Amadeo II. Intentou defender os dereitos do estado fronte á Igrexa. En 1738, durante a Guerra de Sucesión de Polonia, aliouse xunto a Francia e España contra Austria. Na Guerra de Sucesión de Austria (1742-1748), sen embargo, aliouse con Austria fronte a España, polo que conseguiu os territorios de Novara, Tortona e algúns distritos do Milanesado.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión do N de Francia que inclúe os departamentos de Ardenas, Aube, Haute Marne e Marne (25.606 km2; 1.352.500 h [estim 1995]). A súa capital é Chalons-en-Champagne, no departamento de Marne.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teatro londinense, tamén coñecido como Royal Opera House, cunha capacidade para 3.000 espectadores. Foi construído por John Rich, propietario dunha das dúas licencias para teatros que había na época, e inaugurado en 1732 nun coñecido distrito residencial de Londres, cun espectáculo baseado nunha obra de William Congreve, The Way of the World (Os camiños da vida). Destruído por un incendio en 1808, reconstruíuse rapidamente e volveuse inaugurar cunha produción de Macbeth en 1809. Foi un dos primeiros teatros de Europa en introducir a iluminación de gas, feito que tería unha enorme incidencia nas pautas interpretativas e provocou unha reacción que conduciría, a finais de século, ao abandono da xesticulación esaxerada, á redución da declamación e ao realismo. A partir de 1859, as súas producións comezaron a recuperar a orientación inicial que combinaba os espectáculos teatrais coa ópera e o ballet.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico inglés. Formado como documentalista, realizou algúns filmes psicolóxicos, como The Blue Lamp (A lámpada azul, 1950), Vitim (Víctima, 1962) ou Woman of Straw (Muller de palla, 1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial creada en Vigo en 1989. Fundada e dirixida por Severino Cardeñoso Álvarez, conta con máis de 400 títulos publicados. Ademais das súas coleccións de contos literarios, poesía, narrativa, temas de Galicia, medicina e esencias, tamén publica dúas revistas, Miscelánea Literaria, mensual, e Tribuna de la Cultura, semestral.
-
CIDADES
Cidade do estado de California, EE UU, ao L de Long Beach (143.050 h [1990]). Forma parte da área metropolitana de Los Angeles, da que se converteu nun centro residencial.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Bengala Occidental, India, ao SO da área metropolitana de Calcuta (191.389 h [1981]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto perennifolio de 30 a 60 cm de altura, de follas opostas, lanceoladas e brillantes con flores solitarias, brancas e moi olorosas. Procede de China e é moi apreciada en xardinería e floricultura.
-
-
Relativo ou pertencente á Guarda ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da Guarda.
-
-
PERSOEIRO
Químico inglés. Estudiou nas universidades de Manchester e Erlangen e foi profesor das de Manchester e Londres, e director do Instituto Jenner de Medicina Preventiva. Estudiou a fermentación dos azucres polas levaduras e descubriu a existencia dos coenzimas que regulan esa fermentación. Recibiu o Premio Nobel de Química (1929), xunto con Euler-Chelpin, polos seus estudios sobre a fermentación e os enzimas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Éster fosfórico da frutosa que intervén en distintas vías do metabolismo enerxético dos organismos como a glicólise ou a gliconeoxénese.
-
PERSOEIRO
Escritor romántico alemán. Coñecido como Novalis, entendeu o amor como unha forza elemental anímica e cósmica, e no seu individualismo máxico todo coincidiu, individuo e universo, vida e morte, un e todo. Publicou Geistliche Lieder (Cánticos espirituais, 1799), algúns poemas alegres e vitais, Lied der Toten (Canto dos mortos) e Hymnen an die Nacht (Himnos á noite, 1800). Tamén publicou fragmentos literarios co nome de Blütenstaub (1798), o ensaio Die Christenheit oder Europa (A cristiandade en Europa, 1799) e a novela inacabada Heinrich von Ofterdinge, en resposta ao Wilhelm Meister, de Goethe.
VER O DETALLE DO TERMO