"Arico" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 55.

  • Relativo ou pertencente ao centro de gravidade, ou ao procedemento de atopalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moeda persa de ouro puro, cuñada por Darío I (521-486 a C), que pesaba entre 8,35 g e 8,42 g.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á estearina ou ao ácido esteárico.

    2. Ácido graxo sólido saturado, que ten unha ampla presenza nas graxas animais e vexetais en forma de glicéridos. Pódese obter sinteticamente por hidroxenación dos aceites vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe ostrogodo. Casado desde o 515 coa filla de Teodorico, foi escollido polo emperador do Imperio Oriental, Xustino, como compañeiro de consulado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Servo musulmán na Idade Media. Nas coroas de Aragón e Navarra, foron parceiros musulmáns que, trala conquista, pagaban unha renda proporcional da súa colleita a un colono cristián. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido dibásico insaturado que se atopa nalgunhas plantas, por exemplo do xénero Fumaria. É máis denso, menos soluble en auga e máis estable ca o ácido maleico, que é o isómero cis. Emprégase na fabricación de resinas alquídicas e de poliéster e como acidulante en produtos alimentarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Toxina que producen os fungos do xénero Fusarium. Atribúeselle a responsabilidade dos síntomas nas enfermidades vasculares das plantas, producidas polas formas especializadas de Fusarium oxysporum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Venezuela que limita ao N cos estados de Carabobo, Aragua e Miranda, ao L con Anzoátegui, ao S con Bolívar e Apure, e ao O con Barinas e Cojedes (64.986 km2; 585.418 h [estim 1995]). A capital é San Juan de los Morros (67.645 h [1990]). Os ríos principais son o Guárico, o Mocapra e o Hanapire, que pertencen á conca do Orinoco. O clima é tropical, con chuvias de marzo a outubro. A vexetación é de bosque nas beiras dos ríos e de sabana de gramíneas nas chairas. Son importantes os cultivos de arroz, de tomates e de algodón. Hai gandería (bovina e porcina), e ten xacementos de níquel, carbón e petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás isalóbaras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás isóbaras.

    2. Que ten a mesma presión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Malabar ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Malabar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Caudillo. Derradeiro pretendente ao trono suevo de Galicia. Foi proposto polo rei visigodo, Leovixildo, quen, tralas batallas de Braga e Lisboa (585), asumiu o goberno do Reino de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ácido margárico.

    2. Ácido graxo que se presenta en forma de cristais insolubles en auga e solubles en disolventes orgánicos, a partir do que se obtén a margarina por reacción coa glicerina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Home homosexual.

    2. Home efeminado.

    3. Home covarde.

    4. Home malintencionado ou que fai malas pasadas.

    5. Insulto que pode levar ou non o seu significado recto, ou ben significar desprezable, traizoeiro ou ruín.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción propia dun maricón.

    2. Acción malintencionada que se fai contra alguén. OBS: Emprégase normalmente co verbo facer.

    3. Cousa sen importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de maricón.

    2. Acción propia dun maricón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos maricopas.

    2. Individuo do pobo maricopa.

    3. Pobo da familia imma que habita nas ribeiras do río Gila, no SO de Arizona. Viven da pesca e agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Nome que reciben varias especies do xénero Numenius, Plegadis e Limosa, como L. limosa (mazarico rabinegro) e L. lapponica (mazarico rabipinto), que se poden observar en Galicia nas zonas costeiras invernando ou aniñando localmente. Os mazaricos teñen o peteiro fino, longo e curvado cara a abaixo, e patas longas

      2. mazarico curlí [cast: zarapito real] [Numenius arquata, Fam dos escolopácidos]

        Ave de 53-58 cm, que presenta cor parda pero con listas no peito máis escuras, peteiro máis longo nas femias que nos machos, e patas cincentas. Cría en toda Europa, en España pode atoparse en Asturias, Doñaña e Galicia, e aliméntase de moluscos, crustáceos, e outros invertebrados.

      3. mazarico galego [cast: zarapito trinador] [Numenius phaeopus, Fam dos escolopácidos]

        Ave duns 41 cm, con pencas escuras e pescozo e peito con liñas lonxitudinais. Non presenta dimorfismo sexual, habita en dunas e marismas, e aliméntase de insectos, miñocas e moluscos. En Galicia é un ave invernante e pode atoparse por todas as zonas costeiras.

      4. mazarico mouro [cast: morito] [Plegadis falcinellus, Fam dos tresquiornítidos]

        Ave de patas, peteiro e rabo longo, plumaxe moi escura con reflexos metálicos verdes, que vive en lugares húmidos e non presenta dimorfismo sexual. Cría desde o S da Península Ibérica ata Asia, e en Galicia pode atoparse de forma excepcional.

      5. mazarico pequeno [cast: zarapito fino] [Numenius tenuirostris, Fam dos escolopácidos]

        Ave caradriforme, de 40 cm, que presenta manchas cordiformes no peito e costas, e o ventre blanco e non posúe dimorfismo sexual. Habita en marismas, e areais, aniña en Asia e inverna no N de África, polo que pode ser observada cando migra a algúns países europeos.

    1. Instrumento para mazar o leite e obter así a manteiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Xallas, que nace na parroquia de Chacín e desemboca na de Corzón (Mazaricos), no límite entre os concellos de Mazaricos e Dumbría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Xoán que dá nome ao concello de Mazaricos, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO