"Arles" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 266.
-
PERSOEIRO
Pintor inglés. Representou escenas domésticas e interiores, sobre todo de rapaces. Amosou a súa obra, realizada entre 1856 e 1882, na Real Academia e na Real Sociedade de Artistas Británicos. As súas obras de temática española son Joven española e Joven con abanico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e editor. A súa actividade como editor iniciouna na editorial Seix Barral de Barcelona, fundada no ano 1945; por causa de diferencias internas entre os seus editores, fundou no ano 1969 Barral Editores, dende onde promoveu a literatura en lingua española, sobre todo hispanoamericana, e a tradución de obras estranxeiras. Paralelamente a esta tarefa editora, publicou os libros: Las aguas reiteradas (1952), Metropolitano (1957), Diecinueve figuras de mi historia civil (1961), Usuras (1965), Figuración y fuga (1966), Informe personal sobre el alba (1970), Años de penitencia (1975), Los años sin excusa (1978), Catalunya des del mar (1982), Catalunya a vol d’ocell (Catalunya a voo de paxaro, 1985) e Los diarios (1993), que apareceu postumamente. Foi senador socialista entre os anos 1982 e 1989.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo e paleontólogo. Doutor en Ciencias, obtivo a cátedra de Xeoloxía e Mineraloxía na Universidade da súa cidade natal. Foi secretario do Congreso Internacional de Xeoloxía de 1900 e ingresou na Academia das Ciencias de Francia no 1904. Realizou viaxes de investigación por gran parte da Europa Atlántica, publicando memorias sobre as súas expedicións a Inglaterra e Irlanda (1876), As Ardenas (1878), Boulogne (1879), Bretaña (1886), Asturias (1879) e tamén Galicia, sobre a que editou en 1882 Recherche sur les terrains anciens des Asturies et de la Galice (Investigación sobre os terreos antigos de Asturias e de Galicia).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Viaxou por Italia, Francia, Grecia, Turquía e Palestina. Realizou diversas igrexas en estilo neogótico. Proxectou o Real Instituto de Belas Artes de Manchester (1824) onde empregou as características da arte grega e introduciu o neorrenacemento en Inglaterra co Travellers’ Club (1829-1831), estilo que continuou no Reform Club (1837) e na Bridgewater House (1847). Xunto con Augusto Pugin iniciou a reconstrución en estilo neogótico do pazo de Westminster, destruído no 1834 por un incendio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico norteamericano. Comezou como asistente de dirección de Wellman, para logo traballar con actores como Abbott e Costello en parodias do cine de terror e tamén filmes cheos de ironía e bo humor. Participou tamén na realización de televisión. Entre as súas películas destacan: Wagon wheels (As rodas do vagón, 1934), Rose bowl (A bola rosa, 1936), Island of doomed men (A illa dos homes con sorte, 1940), Shut my big mouth (Pecha a miña gran boca, 1942), The beautiful cheat (A marabillosa trampa, 1945), Abbott and Costello meet Frankenstein (Abbott e Costello coñecen a Frankenstein, 1948) e Swinging along (Movéndose ao longo, 1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Cursou estudios en Lyon (1832-1836) e París (1836-1839). Despois dunha viaxe á India, motivada polo enfrontamento co seu padrasto, o coronel Aupick, estableceuse en París frecuentando os ambientes bohemios. En 1845 comezou a publicar poemas en revistas, artigos de crítica de arte en forma de artigos ou panfletos -foi un gran defensor de Delacroix-, un único conto La Fanfarlo (1847), e a partir de 1848, a longa serie de traducións de obras de Edgar Allan Poe. En 1857 apareceu a primeira edición de Les fleurs du mal (As flores do mal), libro que foi obxecto dun proceso e dunha sentenza condenatoria por ofender a moral pública e os bos costumes. Como consecuencia, obrigóuselle a retirar do libro seis poemas: “Les bijoux”, “Le Léthé”, “A celle qui est trop gaie”, “Lesbos”, “Femmes damnées” e “Les Metamorphoses du vampire”. Só a partir de 1911 apareceron edicións completas da obra e o proceso foi considerado nulo pola Corte Suprema en 1949. Na poesía francesa...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e profesor de Ciencias Políticas norteamericano. É autor de An economic interpretation of the Constitution of the United States (Unha interpretación económica da Constitución de Estados Unidos, 1914), The rise of american civilization (O apoxeo da civilización americana, 1927), American foreign policy in the making (Cómo se fai a política exterior americana, 1932-1940) e President Roosevelt and the coming of the war (O presidente Roosevelt e a chegada da guerra, 1941), onde acusaba o presidente norteamericano de ter conducido ao país á guerra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarín, mestre de ballet e coreógrafo francés. Durante vinte anos foi o mestre de baile de Luís XIV e asumiu a dirección da escola da Académie Royal de Dance. Fixou as regras tradicionais da danza francesa nobre, estruturou a técnica da danza clásica e definiu as cinco posicións clásicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e axente secreto, coñecido co sobrenome de Cabaleiro de Eon. Pola súa constitución física afeminada foi encargado por Luís XV para realizar unha misión secreta en Rusia no ano 1756, facéndose pasar por muller, logrou enganar a Emperatriz Isabel I e conseguiu unha mellora das relacións franco-rusas. Loitou durante a Guerra dos Sete Anos (1756-1763) e foi secretario da embaixada francesa en San Petersburgo e Londres (1762-1777). Escribiu Loisirs du chevalier d’Eon (Distraccións do cabaleiro de Eon, 1775).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro. Comezou como obreiro e, observando o seu propio labor, concibiu unha forma de medir e estimular o traballo manual. Co seu sistema, o punto minuto ou punto Bedaux, define a cantidade de traballo que pode ser realizado por un obreiro medio nun minuto, a un ritmo tal que sostido durante unha xeira de oito horas, non chegue a esgotalo; todo o traballo que excedese de sesenta puntos por hora recompesaríase cunha prima. Durante a Segunda Guerra Mundial colaborou cos nazis e co goberno de Vichy e, ao rematar esta, foi extraditado aos EE UU. Xulgado e condenado por traizón, suicidouse.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Zoólogo, director da Nova York Zoological Society dende 1952. Xunto co enxeñeiro Otis Barton deseñou unha batisfera coa que exploraron as grandes profundidades mariñas a máis de 900 m de profundidade (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico escocés. Foi profesor de Cirurxía na Universidade de Edimburgo (1836). Destacan os traballos que dedicou á diferenciación das raíces nerviosas medulares ao separar as motoras, anteriores, das sensitivas, posteriores (lei de Bell). Descubriu o signo que leva o seu nome (signo de Bell) e que permite diagnosticar a parálise facial. Publicou: New idea of anatomy of the brain (Novas ideas sobre anatomía cerebral, 1811) e The nervous system of the human body (O sistema nervioso do corpo humano, 1830).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Violinista e compositor belga. Estudiou en París baixo a dirección de Baillot. Fundou a escola belga de violín e é autor de nove concertos para este instrumento. Escribiu un Méthode de violon en trois parties (Método de violín en tres partes, 1858).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante, guitarrista e compositor do estilo rock and roll, coñecido polo seu nome artístico de Chuck Berry. Comezou nun coro de igrexa antes de actuar como profesional no ano 1952. É autor de obras básicas de rock and roll, combinado co rhythm and blues da música negra, o country e o western da música branca. En 1989 publicou a súa Autobiografía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico canadiense. Colaborou con Friederick Grant Banting nos traballos que levaron ao descubrimento da insulina (1922). Descubriu tamén a colina e a lecitina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Especializado en problemas de crecemento e de planificación, analizou as diferencias entre a teoría propugnada por Marx e Engels, e a súa praxe nos países occidentais. Escribiu Les luttes de classes en URSS 1917-1941 (As loitas de clases na URSS 1917-1941, 1974-1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista e teórico da arte norteamericano. Durante a súa estancia en París (1936-1937) o Cubismo e o Neoplasticismo orientárono cara á busca de estruturas plásticas. Fronte ao expresionismo abstracto propugnou nos EE UU o Struturism, que defendeu en libros como Art as the evolution of visual knowledge (A arte como a evolución do coñecemento visual, 1948) ou The new Cézanne (O novo Cézanne, 1958). Os seus struturists works, relevos rectilíneos policromados, son a manifestación plástica das súas teorías. Influíu sobre o construtivismo inglés.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo dominicano francés. Entre o 1746 e o 1751 escribiu uns comentarios á Summa Teologica de san Tomé de Aquino, publicados en 19 volumes e titulados Summa sancti Thomae hodiernis Academiarum moribus accommodata.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e químico inglés. Enunciou a lei de Blagden, onde afirma que a diminución na temperatura de solidificación dunha solución é proporcional á concentración de soluto (se esta é baixa).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Estudiou Dereito no Saint John’s College de Oxford. Especializado en dereito sindical, comezou a carreira de avogado en 1976 e abandonouna en 1983 ao ser elixido parlamentario do Partido Laborista por Sedgefield. Foi voceiro da oposición nos departamentos do Tesouro e de Economía (1984-1987), Industria (1987-1988), Enerxía (1988), Traballo e Industria (1989-1992) e Interior (1992). En 1994 foi elixido presidente do Partido Laborista e acadou a xefatura do goberno en 1997. Levou a cabo unha política de descentralización rexional coa celebración de sendos referendos en Escocia e Gales (1997) encamiñados á creación dos seus respectivos parlamentos. O 10 de abril de 1998 asinou o Acordo de Stormont, no que se deseñaba unha solución pacífica ao conflito de Irlanda do Norte.
VER O DETALLE DO TERMO