Blair, Anthony Charles Lynton
Avogado e político. Estudiou Dereito no Saint John’s College de Oxford. Especializado en dereito sindical, comezou a carreira de avogado en 1976 e abandonouna en 1983 ao ser elixido parlamentario do Partido Laborista por Sedgefield. Foi voceiro da oposición nos departamentos do Tesouro e de Economía (1984-1987), Industria (1987-1988), Enerxía (1988), Traballo e Industria (1989-1992) e Interior (1992). En 1994 foi elixido presidente do Partido Laborista e acadou a xefatura do goberno en 1997. Levou a cabo unha política de descentralización rexional coa celebración de sendos referendos en Escocia e Gales (1997) encamiñados á creación dos seus respectivos parlamentos. O 10 de abril de 1998 asinou o Acordo de Stormont, no que se deseñaba unha solución pacífica ao conflito de Irlanda do Norte.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Edimburgo