"Arturo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 49.
-
PERSOEIRO
Erudito e hispanista italiano. Foi profesor da Universidade de Innsbruck e catedrático de Literatura Alemana na de Turín (1907). Da súa produción destaca Die Beziehungen zwischen Spanien und Deutschland in der Literatur (As relacións entre España e Alemaña na literatura, 1892), Dante, Petrarca, Boccaccio in Spagna (Dante, Petrarca e Boccaccio en España, 1905-1906), Il romanticismo nel mondo latino (O romanticismo no mundo latino, 1927) e Italia e Spagna (Italia e España, 1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse na Real Academia de San Fernando de Madrid e foi mestre do Rei Carlos de Portugal. Cultivou a paisaxe, próxima ao realismo de C. de Haes, o retrato, baseado no debuxo e no que captaba a psicoloxía das personaxes, e a pintura de historia. Da súa obra, destacan María Pita, Defensa de Lugo, Confurco, Na eira e Mariña. A súa obra está presente, por exemplo, na Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario e na Deputación da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Doutor en Arquitectura, especializouse en urbanismo. Foi profesor na Escola Superior de Arquitectura da Coruña e administrador único de Arqdis, SL. Colaborador do Boletín Académico da ETSA da Coruña, Obradoiro e Revista da Comisión Galega do V Centenario, escribiu Los orígenes de Compostela (1987), Fragmentos renacentistas (1997) e Voces de la ciudad (1998). Foi finalista do Premio de Periodismo Arquitectónico e do Premio Planeta 1993.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político arxentino. Líder dos radicais intransixentes, foi elixido presidente en 1958, e foi derrocado por un golpe de estado militar en 1962.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista visual. Realizou instalacións nas que os distintos materiais, metais, motores, cables, plastilina, cristal e outros, realizan un diálogo co medio nos que están inscritos por medio destes, como A máquina que debuxa o infinito (1998), e dos sons, como Concerto para 6v. Opus 00 (1999). Participou, entre outras mostras, en ARCO 2002.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Produtor e director cinematográfico. Emigrou a Portugal de moi novo. Volveu a Galicia, onde estableceu un concesionario de automóbiles e unha liña de autobuses entre Ourense e Parada de Sil. A comezos da década de 1940 marchou a Madrid para traballar en Suevia films, empresa do seu irmán Cesáreo. Comezou a súa carreira con dúas coproducións con Llama Films Un fantasma llamado amor (1956) e Héroes del aire (1957), dirixidas por Ramón Torrado. A principios da década de 1960 fundou Arturo González P C. Nun primeiro momento produciu varias películas dirixidas por José Antonio Nieves Conde e iniciou unha longa relación profesional con Alfredo Fraile como produtor executivo. En 1963 conseguiu o contrato en exclusiva con Manolo Escobar, con quen fixo Los guerrilleros (P.L. Ramírez, 1963) e outros 17 títulos máis protagonizados polo cantante almeriense, algúns en coprodución con México e Panamá. Participou na produción de La muerte tenía un precio (S. Leone,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e economista italiano. De tendencias marxistas, militou no sindicalismo revolucionario. Ingresou no Parlamento como deputado independente en 1913. Foi ministro de Traballo (1920-1921) e exiliouse en Francia durante o réxime fascista. Trala recuperación da democracia formou parte do Senado. Escribiu diversas obras de economía e política.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filósofo e profesor. Doutor en Filosofía e catedrático da Universidade de Vigo, está vinculado á Comisión Schelling de Múnic, da Academia de Ciencias de Baviera. Centrouse no estudo do idealismo alemán, no pensamento de Heidegger e na hermenéutica. Realizou numerosas edicións en castelán de filósofos alemáns como Schelling, Hölderlin e Heidegger. Escribiu Ensaios sobre Heidegger (1995) e Las Épocas de Schelling (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Coordinador do Cuaderno de Cultura e membro do comité de redacción de La Voz de Galicia, traballou en La Región, foi redactor xefe de La Voz de Galicia e director de Ferrol Diario-El Norte de Galicia (1969-1981). Vicepresidente da Fundación Vicente Risco, o seu contacto coa cultura galega comezou no parladoiro cultural organizado por Vicente Risco en Ourense. Na súa obra, influída polo xénero fantástico e a ciencia fición, e marcada pola ironía e o sarcasmo, destacan o libro de contos Os dados de Deus (1994) e Só os mortos soterran os seus mortos (2001). No apartado do ensaio e a investigación cómpre salientar Ferrol diario. El Norte de Galicia. Agonía para unha expresión de seu (1993) e Ourense, cittá aperta (1999). Obtivo, entre outros, o premio Galicia de Xornalismo (1987) e o premio Julio Camba (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Foi presidente da Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos da Coruña. Realizou vivendas de protección e para marxinados, polo que gañou o Primeiro Premio de Arquitectura de Vivendas para Marxinados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e director de escena. Comezou o seu traballo teatral en Teatro Circo e participou nos seus primeiros espectáculos, como Terra en lume e Erros e ferros de Pedro Madruga. Vinculado ao teatro afeccionado e comunitario, desenvolveu unha intensa actividade co movemento teatral ONCE na Coruña, onde dirixiu e coordinou as actividades do grupo Valacar. En 1993 creou, con Teresa Orro, a compañía Espello Cóncavo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Guionista e locutor radiofónico. Ademais de colaborar en diversas publicacións periódicas, foi coordinador e editor do fanzine Valiundiez (1984-1986) e da revista Das Capital (1989-1990). A súa obra Cartografía (1994) foi finalista do premio Esquío.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Desde 1997 é profesor de comunicación audiovisual na Universidade de Vigo. Foi asesor da CRTVG e presidente da Asociación de Periodistas de Galicia. Comezou a traballar en La Gaceta del Norte de Bilbao (1977) e foi cofundador da axencia Vasco Press (1982). En 1984 incorporouse a El Ideal Gallego, ata o seu ingreso na TVG un ano despois. Director de informativos da TVG (1990-1994), director da TVG (1994-1996) e da RG (1996-1999), escribiu Funcións da Televisión autonómica galega e o Centro rexional de TVE en Galicia (1989), Libro de Estilo de Informativos (1992), Historia da Radiodifusión en Galicia (I) (1993), A TVG, unha institución imprescindible para Galicia (1993), A influencia da TVG na promoción do galego (1993), e coordinou o libro de homenaxe a Diego Bernal, De profesión, periodista (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor italiano. Adoptou o futurismo e posteriormente participou no movemento Valori Plastici en Roma. Realizou, sempre desde o punto de vista figurativo, terracotas como La sete e La convalescente, e obras monumentais como La Giustizia corporativa (1937) e Palinuro (1946). Escribiu La Scultura, lingua morta (1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, escultor e pintor. Dentro do eclecticismo da fin do s XIX, reconstruíu edificios medievais como o de San Juan de Los Reyes de Toledo, proxectou o pavillón español da Exposition Universelle de París (1889) e fixo o monumento sepulcral de Cristovo Colón na catedral de Sevilla.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e escritor. Licenciouse en Dereito na Universidad de Salamanca (1915). De ideoloxía demoliberal e galeguista, en 1917 cofundou en Ourense, con V. Risco e R. Otero Pedrayo, a revista La Centuria, da que foi administrador e na que publicou “La Patria”, onde mostrou o seu galeguismo e na que defendeu o uso do galego. Ao ano seguinte foi un dos fundadores da Irmandá Rexionalista d’Ourense (1918). Participou nas diversas asembleas nacionalistas e foi un dos fundadores e administrador da revista Nós, da que foi xerente, tendo a revista. Foi secretario de administración local e exerceu no Pereiro de Aguiar, Avión, Rianxo e Serantes. Durante os sucesos revolucionarios de 1934 foi detido acusado de portar unha arma. O 20 de xullo de 1936 levantou as actas de destitución e detención da corporación municipal e días despois foi detido e recluído no castelo de Santo Antón na Coruña. Aínda que demostrou a súa inocencia, non foi liberado e levárono a Ferrol e na noite do 11 ao 12 de setembro de...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Fundador da revista literaria Lirica (1912), foi un dos iniciadores da poesía nova do s XX. Procurou poñer en práctica un programa filosófico e estético da poesía que se caracterizou pola aproximación á natureza e á existencia. Destacan as súas obras Disamore (1912), Nuovo rinascimento come arte dell’io (1924) e Vincere il drago (1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Traballou como reporteiro de prensa, radio e televisión (1973-1994), primeiro no xornal Pueblo e despois cubrindo os conflitos armados internacionais en TVE. Da súa obra narrativa, que combina a novela histórica e de aventuras co xénero negro, destacan El húsar (1986), El maestro de esgrima (1988), El club Dumas (1993), Territorio comanche (1994), crónica da guerra de Bosnia; La piel del tambor (1995) e Cabo Trafalgar (2004). A finais de 1996 comezou a colección Las aventuras del capitán Alatriste. Recibiu o Premio Jean Monnet de Literatura Europea (1997) e foi elixido membro da Real Academia Española (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Crítico musical. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, completou a súa formación musical con estudos de canto, solfexo e harmonía. Colaborador da revista Ritmo e doutras publicacións como El Socialista, Revista de Occidente e La calle, foi director do programa Ars canendi en Radio Clásica, colaborou coa cadea SER e Tele 5, e foi director de Radio-2 de Radio Nacional de España. É autor de varias monografías sobre compositores clásicos, como Mozart (1995), Beethoven (1999) e Schubert: lieder completos (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico. Pertenceu á orde dos salesianos e foi ordenado en 1953. Desde 1983 ocupou a sé do arcebispado de San Salvador, cargo que ocupou ata a súa morte. Interveu activamente como mediador de paz entre o goberno e o Frente Farabundo Martí para la Liberación Nacional.
VER O DETALLE DO TERMO