González Rodríguez, Arturo
Produtor e director cinematográfico. Emigrou a Portugal de moi novo. Volveu a Galicia, onde estableceu un concesionario de automóbiles e unha liña de autobuses entre Ourense e Parada de Sil. A comezos da década de 1940 marchou a Madrid para traballar en Suevia films, empresa do seu irmán Cesáreo. Comezou a súa carreira con dúas coproducións con Llama Films Un fantasma llamado amor (1956) e Héroes del aire (1957), dirixidas por Ramón Torrado. A principios da década de 1960 fundou Arturo González P C. Nun primeiro momento produciu varias películas dirixidas por José Antonio Nieves Conde e iniciou unha longa relación profesional con Alfredo Fraile como produtor executivo. En 1963 conseguiu o contrato en exclusiva con Manolo Escobar, con quen fixo Los guerrilleros (P.L. Ramírez, 1963) e outros 17 títulos máis protagonizados polo cantante almeriense, algúns en coprodución con México e Panamá. Participou na produción de La muerte tenía un precio (S. Leone, 1965) e durante uns anos traballou nesa liña de produción, con títulos como El halcón y la presa (S. Sollima, 1967) ou Cara a cara (S. Sollima, 1968). Na década seguinte produciu dous proxectos interesantes Manchas de sangre en un coche nuevo (A. Mercero, 1974) e Juego de amor prohibido (E. de la Iglesia, 1975). Os seus últimos traballos foron películas de carácter erótico realizadas en Italia. Abandonou a produción a comezos da década de 1980, pero mantivo activa Regia Films, como distribuidora, ata a súa morte.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Vigo -
Deceso
Lugar : Madrid