"Arum" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 23.

  • Obra de Francis Bacon que se publicou en 1620 e que se presentou xa en 1612 en Cogitata et visa. Precedida dunha autobiografía intelectual, consta de dous libros de aforismos sobre a interpretación da natureza e o reino do home, que formaban a segunda das cinco partes da Instauratio Magna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encíclica de León XIII que se publicou con data do 15 de maio de 1891. É unha exposición de doutrina moral que partía de análises económicas e sociais deficientes que denuncia o liberalismo político e económico que destruíu o tecido de institucións sociais do mundo anterior á Revolución Francesa debilita a influencia relixiosa e deixa ao obreiro indefenso ante a nova situación. Ao mesmo tempo, defende enerxicamente a propiedade privada contra as correntes socialistas, condénaas solemnemente e presenta a loita de clases como resultado do odio dos pobres contra os ricos. Para solucionar o problema social tiñan que intervir a Igrexa, coa súa mensaxe moral, o estado, coa organización da economía e coa defensa dos máis febles, e as asociacións obreiras, ben de obreiros sós, ben mixtas cos patróns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e historiador. De orixe goda, viviu durante 17 anos en Constantinopla e logo volveu á Península. Escribiu unha Crónica na que relata, seguindo unha estrita orde cronolóxica, o período dos últimos reis suevos desde Mirón ata a conquista do Reino Suevo de Galicia por parte de Leovixildo (585).

    VER O DETALLE DO TERMO