Rerum Novarum

Rerum Novarum
[RELIX]

Encíclica de León XIII que se publicou con data do 15 de maio de 1891. É unha exposición de doutrina moral que partía de análises económicas e sociais deficientes que denuncia o liberalismo político e económico que destruíu o tecido de institucións sociais do mundo anterior á Revolución Francesa debilita a influencia relixiosa e deixa ao obreiro indefenso ante a nova situación. Ao mesmo tempo, defende enerxicamente a propiedade privada contra as correntes socialistas, condénaas solemnemente e presenta a loita de clases como resultado do odio dos pobres contra os ricos. Para solucionar o problema social tiñan que intervir a Igrexa, coa súa mensaxe moral, o estado, coa organización da economía e coa defensa dos máis febles, e as asociacións obreiras, ben de obreiros sós, ben mixtas cos patróns.

Palabras veciñas

requisito | requisitoria | requisitorio -ria | Rerum Novarum | res | res* | resabido -da