"Ausa" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 37.

  • Escola de pensamento económico baseada na teoría do equilibrio, encabezada por León Walras e Vilfredo Pareto, que se sucederon na cátedra de economía da Université de Lausanne entre 1871 e 1906. A partir da hipótese dunha competencia perfecta mediante o cálculo diferencial, o método de aproximacións sucesivas e o concepto de curvas de indiferencia, a teoría do equilibrio analiza os problemas de optimización do sistema económico e establece unha situación de máxima satisfacción individual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado o 24 de xullo de 1923 en Lausanne polas potencias occidentais, Grecia e Turquía despois das vitorias turcas sobre os gregos. Aboliu o Tratado de Sèvres (1920) e obrigou a Grecia a ceder aos turcos Esmirna, Tracia oriental e Anatolia e recoñeceulle o control de navegación polos estreitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Superficie circunterrestre a partir da que non ten acción o campo magnético terrestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (s VI) Bispo de Avenches (Suíza). Mudou a sé episcopal a Lausanne e fundou o convento de Payerne. A súa festividade celébrase o 31 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desaparición da ovulación na muller e, en consecuencia, da regra ou menstruación, que comporta unha atrofia das mucosas endométrica e vaxinal e do colo e o corpo do útero. Sucede entre os 40 e 50 anos. A diminución da actividade ovárica adoita acompañarse de trastornos moi diversos (sufocacións, cefaleas, trastornos de emotividade), que poden aparecer na época da última menstruación ou aínda no período previo (premenopausa) e outros que son desenvolvidos nos anos seguintes (postmenopausa). Estas modificacións orgánicas tamén poden presentarse a idades prematuras cando se extirpan os ovarios (menopausa artificial). A terapia de substitución hormonal pode aliviar os trastornos agudos, pero ultimamente tamén se recoñeceu a conveniencia de aplicala cando se comproba o remate da función ovárica, coa finalidade de previr determinadas alteracións orgánicas, como é o caso da diminución da densidade ósea (osteoporose). Modernamente utilízase a administración combinada de estróxenos e proxestáxenos...

    2. Época en que se produce o cesamento das ovulacións na muller.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Límite superior da mesosfera situada entre os 80 e 90 km de altitude. A altas latitudes e durante as noites de verán obsérvanse nubrados luminosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expresión latina que significa ‘adquisición por causa de morte’.

    2. Expresión latina que se utiliza na adquisición a título singular que se produce co motivo da morte dunha persoa e que non constitúe un legado ou unha doazón por causa de morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución museística creada polo Comité Olímpico Internacional e inaugurada en 1993. Situado en Lausanne, o edificio é obra do arquitecto Pedro Ramírez Vázquez. Símbolo da unión do deporte, a arte e a cultura, dispón de información sobre os xogos olímpicos desde a antiga Grecia ata os celebrados en época moderna. Está estruturado segundo as disciplinas olímpicas, os campións e a organización dos xogos modernos. Realiza exposicións temporais, seminarios, conferencias e outras actividades.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Interrupción temporal dunha acción.

      2. Interrupción temporal en que se deixa de cantar ou tocar.

      3. Unidade de figura de silencio que corresponde á redonda. Tanto esta coma as súas subdivisións indícanse cun signo, diferente para cada unha.

      4. Silencio, máis ou menos longo, que se produce na cadea oral tras un grupo fónico ou unha oración. Serve para delimitar unidades sintácticas ou de sentido. OBS: Tamén se denomina pausa gramatical.

      5. pausa métrica

        Elemento constitutivo do verso, que consiste basicamente na detención momentánea do curso recitado ou lido da estrofa e o verso. Como principio xeral cómpre que coincida co gramatical, sen violentar nunca o despregamento sintáctico.

    1. Maneira de actuar que se caracteriza por ser lenta e pausada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que trae como armas, en escudo partido: primeiro, en campo de prata, unha cruz de Santiago, de goles; e segundo, en campo de prata, cinco panelas, de sable, postas en aspa, e bordura de goles, con oito flores de lis, de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que obra ou se move con lentitude.

    2. Que ocorre ou se realiza pouco a pouco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe espartano, fillo de Cleómbroto I, da dinastía dos Áxidas. Sucedeu ao seu pai na tutela de Plistarco, fillo de Leónidas I. Rexente de Esparta, comandou os gregos a Platea (479) e na conquista de Bizancio (477), onde entrou en relacións con Persia, e por iso foi expulsado. Volveu ao seu país pero, acusado de traizón, morreu de fame no templo de Atenea, onde se refuxiara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Esparta, fillo de Plistoanax, da dinastía dos Áxidas. Cando aínda era menor de idade, reinou baixo tutela, por mor do exilio do seu pai. Unha vez no trono, opúxose a Lisandro e permitiu o retorno dos demócratas a Atenas (403 a C). Acusado de traizón, tivo que se exiliar a Tegea, onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, viaxeiro e xeógrafo grego. Percorreu Palestina, Exipto, Italia e, sobre todo, Grecia, a que describiu nos libros Ðåñé ή ãçóéò ô ῆ ò Åëëάäïò (Descrición de Grecia, 160 e 177), obra escrita nunha prosa aticista e nun estilo en que recorre á variatio, imitando a Herodoto. Se ben as fontes que utilizou eran inseguras, serviron como documento para a arqueoloxía e a historia das relixións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período do climaterio inmediatamente anterior á menopausa, de duración variable, en que comezan a se manifestar as modificacións hormonais que darán paso ao cesamento das menstruacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zona da atmosfera situada no límite da termosfera e na que o gradiente vertical de temperatura se anula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plano de discontinuidade entre a troposfera e a estratosfera caracterizado por un cambio brusco no gradiente térmico. Aínda que a súa situación varía lixeiramente segundo as estacións do ano, soe estar a uns 16 km sobre o Ecuador, a uns 9 km de latitude e a uns 6,5 km sobre os polos.

    VER O DETALLE DO TERMO