pausa

pausa

(

    1. s f

      Interrupción temporal dunha acción.

    2. s f [MÚS]

      Interrupción temporal en que se deixa de cantar ou tocar.

    3. s f [MÚS]

      Unidade de figura de silencio que corresponde á redonda. Tanto esta coma as súas subdivisións indícanse cun signo, diferente para cada unha.

    4. s f [LING]

      Silencio, máis ou menos longo, que se produce na cadea oral tras un grupo fónico ou unha oración. Serve para delimitar unidades sintácticas ou de sentido. OBS: Tamén se denomina pausa gramatical.

    5. pausa métrica [LIT]

      Elemento constitutivo do verso, que consiste basicamente na detención momentánea do curso recitado ou lido da estrofa e o verso. Como principio xeral cómpre que coincida co gramatical, sen violentar nunca o despregamento sintáctico.

  1. s f

    Maneira de actuar que se caracteriza por ser lenta e pausada.