"Austria" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 61.
-
PERSOEIRO
Duque de San Jaime. Pretendente carlista á coroa de España co nome de Afonso Carlos I, irmán de Carlos VII. En 1871 casou con María das Neves de Braganza, infanta de Portugal. Durante a Terceira Guerra Carlista foi designado capitán xeneral das forzas de Catalunya (1872-1876). En 1931, ao morrer sen fillos o seu sobriño Xaime, converteuse en pretendente. Rompeu as negociacións que iniciara co destronado Afonso XIII e mostrouse de acordo coa entrada dos carlistas no levantamento de 1936. Morreu sen fillos, deixando irresoluta a súa sucesión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pretendente carlista á coroa de España co nome de Carlos VII. Neto de Carlos María Isidro de Borbón e sobriño do conde de Montemolín. En 1866 casou con Margarida de Borbón, filla do duque de Parma. Reorganizou o Carlismo. En 1869 promulgou o seu primeiro manifesto político onde prometeu a defensa da unidade relixiosa, a descentralización política e o proteccionismo económico. Ese mesmo ano intentou un golpe militar a prol do Carlismo. En 1872 impulsou a loita carlista, que se estendeu a Catalunya, País Vasco e Navarra, que continuou despois da proclamación de Afonso XII (1874) e que rematou en 1876. Un ano despois reorganizou de novo o Carlismo e en 1900 fixo un novo levantamento militar. Sucedeulle como pretendente o seu fillo Xaime de Borbón e de Borbón-Parma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe de Asturias, fillo de Filipe II de España e de María de Portugal. Proxectou fuxir aos Países Baixos e, aínda que non existían probas de que mantivese contactos cos rebeldes de Flandres (como denunciaron os seus coetáneos Guillermo de Orange e Antonio Pérez), Filipe II fíxoo encarcerar no Alcázar de Madrid, onde morreu aos poucos meses. A súa figura recreada a miúdo na literatura, foi tratada no s XVII por autores como Jiménez de Enciso, Vélez de Guevara e Thomas Otway, e do s XVIII por Alfieri e Schiller, entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carlos VI.
-
PERSOEIRO
Emperador de Austria e rei de Hungría (Carlos IV) desde 1916 ata 1918. Último soberano da monarquía austro-húngara, era neto do arquiduque Luís, irmán de Francisco Xosé I e converteuse en herdeiro do trono cando morreu o arquiduque Francisco Fernando en Sarajevo (1914). Durante a Primeira Guerra Mundial tentou, sen éxito, firmar unha paz por separado cos aliados. Coa proclamación da República en Austria en 1918, marchou a Hungría onde renunciou a participar no goberno. En 1919 exiliouse a Suíza e intentou retomar o poder mediante un golpe de estado en Budapest en outubro de 1921. Fracasou e retirouse a Madeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Portugal (1525-1557), filla de Filipe o Fermoso e Xoana a Tola. Casou en 1525 con Xoán III e exerceu como rexente durante a minoría de idade do seu neto don Sebastián (1557 e 1562).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquiduque de Austria, fillo do Emperador Maximiliano II e de María de Austria. Filipe II nomeouno gobernador dos Países Baixos en 1594.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(El Escorial 1609 - Bruxelas 1641) Infante, militar e eclesiástico, fillo de Filipe III e Margarida de Austria. Recibiu o capelo cardinalicio en 1619 de mans de Paulo V e, posteriormente, foi nomeado administrador perpetuo do arcebispado de Toledo, prior de Ocrato e abade comendatario do mosteiro de Alcobaça. En 1632, o seu irmán Filipe IV nomeouno vicerrei de Catalunya e despois gobernador de Milán (1633-1634). Trala morte de Isabel Clara Uxía, recibiu o cargo de gobernador dos Países Baixos (1634-1641). Participou na Guerra dos Trinta Anos, na que derrotou os exércitos suecos na Batalla de Nördlingen (1634) e os franceses en Corbie (1636).
-
PERSOEIRO
Emperador de Austria (1835-1848) e rei de Bohemia e de Hungría (Fernando IV; 1830-1848), fillo do Emperador Francisco I. Deixou a tarefa de goberno ao Consello de Estado, liderado polo chanceler Metternich. Sorprendido pola revolución de 1848, refuxiouse en Innsbruck; volveu a Viena, onde viviu as revoltas de outubro, e finalmente retirouse a Praga, despois de abdicar en favor do seu sobriño Francisco Xosé I.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco II.
-
PERSOEIRO
Emperador de Austria (1848-1916) e rei de Hungría desde 1867, fillo do arquiduque Francisco Carlos e de Sofía de Baviera, sucedeu ao seu tío Fernando I. Aspirou a fundir nun estado multinacional todos os pobos do imperio e a gobernar cun réxime autoritario centralizado en Viena. En política exterior, en 1859 os italianos derrotárono en Magenta e Solferino e, posteriormente, perdeu Lombardia. A cuestión dos ducados de Schleswig-Holstein e a disputa pola hexemonía da Confederación Xermánica conduciron á Guerra Austro-Prusiana, na que foi derrotado en Sadova (1866). Estas derrotas facilitaron os movementos nacionalistas húngaros. Tralo Ausgleich (1867), Hungría constituíuse en estado autonómo, vinculado a Austria só na súa persoa e foi coroado rei de Hungría xunto coa súa muller, Isabel de Baviera. En 1908 anexionouse Bosnia-Hercegovina, feito que provocou as tensións que levaron, en 1914, ao asasinato do seu sobriño e sucesor, o arquiduque Francisco Fernando, en Saraxevo, e ao inicio da Primeira...
VER O DETALLE DO TERMO -
DINASTIAS
Dinastía de orixe xermánica orixinaria do Alto Rin que ocupou o trono austríaco (1279-1918), o do Sacro Imperio Romano-Xermánico (1273-1291, 1298-1308 e 1438-1806) e o hispánico (1516-1700).
VER O DETALLE DO TERMO
Orixe da dinastía
Fundada por Werner (s X), bispo de Estrasburgo e construtor do castelo de Habsburgo (Suíza) que dá nome á liñaxe, o primeiro conde foi Werner I de Habsburgo (s XI), quen substituíu a forma Altenburgo pola de Habsburgo. O seu tataraneto, Rodolfo I de Habsburgo o Antigo (?-1232), adquiriu os territorios suízos de Laufenburg, Schwyz, Uri, Unterwalden e Lucerna, que trala súa morte se dividiron entre os seus fillos: Alberte IV de Habsburgo o Sabio (?-1240?) recibiu, ademais do primitivo castelo dos Habsburgo, as terras de Argovia, Zúric, Sundgau e Brisgovia e o dominio sobre os conventos de Muri, Seckingen, Bremgartem, Maienberg e Brugg, e fundou a rama albertina dos Habsburgo; e Rodolfo II de Habsburgo o Taciturno (?-1249), señor de Suabia,... -
PERSOEIRO
Raíña de Portugal e despois de Francia, filla de Filipe I o Fermoso e de Xoana I de Castela e Aragón. Casou con Manuel I de Portugal (1518) e trala súa morte (1521), casou con Francisco I de Francia (1530).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Margrave de Austria. Fundou santuarios e mosteiros como o de Santa Cruz de Viena (1127). A súa festividade celébrase o 15 novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Austria e Estiria (1308-1326), fillo do duque Alberte I. Coñecido tamén como Leopoldo VIII, en 1308 recibiu as posesións de Suabia e de Alsacia. En 1314 foi derrotado polos suízos en Morgarten.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Austria (1358 -1386), fillo de Alberte II. Encargouse do goberno dos dominios austríacos co seu irmán Alberte III, e no reparto de Neuberg quedou cos ducados de Estiria, Carintia e Carniola, co Condado do Tirol e o Landgraviato de Alsacia. Morreu combatendo os suízos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquiduquesa de Austria, filla do Emperador Maximiliano II e de María de Austria. O seu curmán, Filipe II de Castela, quixo facela a súa quinta muller, pero ela rexeitouno e profesou no convento de Las Descalzas Reales de Madrid, co nome de sor Margarida da Cruz, xunto con súa nai.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de España e Portugal, filla do arquiduque Carlos, duque de Estiria, e neta do Emperador Fernando I. Como arquiduquesa de Austria, casou co Rei Filipe III.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Bruxelas 10.1.1480 - Malines 1.12.1530) Duquesa de Savoia, filla do Emperador Maximiliano I e de María I de Borgoña. A política de alianza castelá e antifrancesa do seu pai levouna a casar co príncipe Xoán, fillo dos Reis Católicos, o 3 de abril de 1497. Enviuvou ese mesmo ano e en 1501 casou co duque Filiberto II de Savoia. Foi rexente dos Países Baixos durante a minoría de idade do seu sobriño, o Emperador Carlos V (1506-1515), e despois gobernadora (1518-1530). Desenvolveu unha política anglófila ao defender a burguesía vencellada á industria téxtil inglesa. Cando, trala Batalla de Pavia, os ingleses e os franceses se reconciliaron, quixo salvar a súa política anglófila buscando un entendemento entre Carlos V e os franceses mediante a Paz de Cambrai (1529).
-
PERSOEIRO
Duquesa de Florencia e de Parma, filla natural do Emperador Carlos V e de Margarida van der Gheist. Casou en 1536 con Alessandro de Medici, duque de Florencia, e en 1539 con Octavio Farnese (Octavio I de Parma). Escollida polo seu medio irmán Filipe II como gobernadora dos Países Baixos (1559-1567), buscou a colaboración dos elementos moderados da nobreza flamenga, pero a presión dos radicais acentuou as reivindicacións autonomistas e relixiosas dos moderados. Filipe II non quixo ceder no terreo relixioso, polo que as diversas faccións da nobreza flamenga uníronse arredor dos mesmos obxectivos no Pacto de Breda (1566). Filipe II desautorizou a súa política, ao enviar ao país un exército real comandado polo duque de Alba, polo que dimitiu (1567) e se retirou a Nápoles.
VER O DETALLE DO TERMO