Margarida de Austria ou de Habsburgo

Margarida de Austria ou de Habsburgo

(Bruxelas 10.1.1480 - Malines 1.12.1530) Duquesa de Savoia, filla do Emperador Maximiliano I e de María I de Borgoña. A política de alianza castelá e antifrancesa do seu pai levouna a casar co príncipe Xoán, fillo dos Reis Católicos, o 3 de abril de 1497. Enviuvou ese mesmo ano e en 1501 casou co duque Filiberto II de Savoia. Foi rexente dos Países Baixos durante a minoría de idade do seu sobriño, o Emperador Carlos V (1506-1515), e despois gobernadora (1518-1530). Desenvolveu unha política anglófila ao defender a burguesía vencellada á industria téxtil inglesa. Cando, trala Batalla de Pavia, os ingleses e os franceses se reconciliaron, quixo salvar a súa política anglófila buscando un entendemento entre Carlos V e os franceses mediante a Paz de Cambrai (1529).