"Avís" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 69.

  • Convocada por Leopoldo II en 1889, rematou o 2 de xullo de 1890 coa sinatura dunha acta pola que os asinantes se comprometían a reprimir de xeito efectivo a trata de negros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado no extremo occidental da illa de Tenerife (5.664 h [1996]). A súa economía baséase no sector agropecuario, destacando a gandería bovina de orientación láctea, que abastece a industria derivada. É un dos centros de produción leiteira e queixeira máis importantes do arquipélago canario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Educador e filósofo mexicano. Foi profesor de historia xeral e patria, psicoloxía, moral, xeografía e lóxica na Escuela Nacional Preparatoria. Preocupado pola educación, reorganizou o ensino primario e a preparatoria (bacharelato superior). Foi deputado e intentou mellorar as condicións laborais dos educadores. Fundou a Escuela Nacional de Maestros, a Escuela Internacional de Arqueología y Etnografía e, en colaboración con Justo Sierra, a Escuela de Altos Estudios e a Universidad de México (1910); foi ademais membro fundador do Colegio Nacional en 1943. En 1915 formulou dous proxectos de lei: un sobre a federalización da educación e outro sobre a autonomía universitaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘chave’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘árbore’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familiar, eclesiástico ou leigo, ou criado ao servizo dun cardeal durante o conclave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aviso que anula ou modifica outro anterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Torneo internacional masculino de tenis que constitúe a competición deportiva anual por nacións máis antiga do mundo. Fundouna en 1900 Dwight Filley Davis, estudante en Harvard, como desafío dos xogadores de EE UU aos británicos, considerados os mellores do mundo. Davis proporcionou o trofeo que se puxo en xogo, unha grande ensaladeira que encargou expresamente á xoiería bostoniana Shreve, Crump & Low, feita a partir de 217 onzas de prata e que lle custou 750 dólares. A intención de Davis era que a competición se denominase International Lawn Tennis Challenge Trophy (trofeo do desafío internacional de tenis). A United States National Lawn Tennis Association (federación estadounidense de tenis), invitou ao equipo das Illas Británicas a participar no desafío, que xa era coñecido entre os membros do Longwood Cricket Club de Boston como “Dwight’s pot” (o cacharro de Dwight) e adoptou finalmente o nome de Copa Davis. A competición desenvólvese dende entón...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. As súas primeiras obras foron neoclásicas, como o Ithiel Town de New Haven, despois realizou construcións historicistas gregas e góticas. Introduciu o uso do ferro na arquitectura estadounidense coa construción dunha tenda en Nova York en 1835.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política norteamericana. Estudiou con T. Adorno en Alemaña (1960) e, posteriormente, nas universidades de París (1963-1964) e Brandeis (1965). Dende 1968 militou no Communist Party of United States of America (CP-USA, Partido Comunista dos EE UU) e foi membro dos Black Panthers. Traballou como profesora asistente de filosofía na Universidade de California, pero a súa defensa das reivindicacións dos afroamericanos e a súa detención en agosto do 1970 polo FBI, acusada de colaborar no intento de fuxida dos irmáns Soledad, provocou a súa expulsión da Universidade; nese momento xurdiu o movemento Free Angela Davis que, trala súa absolución por un xurado composto integramente por brancos en 1972, se converteu no National Alliance Against Racist and Political Repression (Alianza nacional contra o racismo e a represión política), dirixido por Davis. No 1982 reanudou o seu traballo como profesora na San Francisco State University, onde permaneceu doce anos. Como membro destacado do CP-USA concorreu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra inglés. Estudiou no Royal College of Music, dirixiu a BBC Simphony Orchestra, a Boston Symphony Orchestra, a Orquestra Sinfónica da Radio Bávara e a London Symphony Orchestra e sucedeu a G. Solti na dirección musical do Covent Garden. Destacou nas interpretacións de pezas de Mozart e Berlioz, foi nomeado sir en 1980 e recibiu, entre outros galardóns, a Medalla de Ouro da Royal Philharmonic Society.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador de tenis e político estadounidense. Nos seus tempos de estudante da Harvard University destacou como tenista. Despois de proclamarse campión universitario dos EE UU en 1899, concibiu a idea de celebrar unha competición internacional por equipos, á imaxe da Copa América de vela. Presentoulle a súa iniciativa á United States National Lawn Tennis Association. A súa intención orixinal era que a competición se denominase International Lawn Tennis Challenge Trophy, pero o feito de que fose el quen doou o trofeo resultou decisivo para que adoptara o nome de Copa Davis. Participou no equipo americano que se proclamou vencedor nas dúas primeiras edicións (1900 e 1902). No seu palmarés figuran varios títulos do Grand Slam: en individuais o Campionato Internacional dos EE UU (1899), que obtivo en dobres en dúas ocasións (1899 e 1901); tamén en dobres gañou o campionato de Wimbledon (1901). Iniciou a carreira política na cámara municipal de Saint Louis en 1911; como concelleiro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estreito de América do N que separa a península de Cumberland e a illa de Baffin (Canadá) de Grenlandia e que une a baía de Baffin co N do Océano Atlántico. Está afectada pola corrente fría do Labrador, feito que provoca que se forme unha capa de xeo na súa superficie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político estadounidense. Foi deputado, senador e ministro de Guerra dende 1853 a 1857. Desde os seus cargos mantivo o seu apoio ao sistema escravista e posturas contrarias ao federalismo. Ao estalar a Guerra de Secesión foi elixido presidente da Confederación sudista en 1861. Dirixiu a guerra e rexeitou todos os intentos de paz, pero a derrota das forzas do sur obrigárono a fuxir en 1865. Foi apresado e recluído na prisión de Fort Monroe (Virginia) durante dous anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e explorador inglés. Entre 1585 e 1587 realizou tres expedicións ás rexións árticas na busca do paso do NO; na primeira delas descubriu o estreito que leva o seu nome. Así mesmo, no ano 1592, descubriu as Malvinas, no Atlántico Sur. Inventou, ademais, un tipo de octante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar do Océano Índico que se estende desde Shackleton ata as terras de Wilhelm e da Raíña María, na Antártida Oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Saxofonista e arranxista estadounidense. En 1937 trasladouse a Los Angeles e, ao longo da súa carreira, colaborou con Happy Johnson, Amos Milburn e Ray Anthony, e realizou arranxos para gravacións de Duke Ellington, Tommy Dorsey e Count Basie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trompetista de jazz estadounidense. Coñecido como Little Davis, instalouse coa súa familia en Saint Louis en 1927 e participou dende moi novo en numerosas jazz-sessions. Discípulo dos trompetistas E. Buchanan e Clark Terry, ingresou na orquestra Blue Devils de E. Randall e, posteriormente, nos Six Brown Cats de A. Lambert. Logo trasladouse a Nova York e ao longo da súa carreira dirixiu diversos conxuntos. Tocou xunto a B. Carter, C. Hawkins, E. Davies, J. Coltrane, P. Chambers, B. Evans, Airto Moreira, G. Coleman, K. Jarret, D. Gordon, Sarah Vaughan e Ch. Parker, con quen gravou varios discos. Nos anos setenta a súa música absorbeu influencias do rock e electrificouse progresivamente. Retirouse durante seis anos e a comezos dos oitenta incorporouse de novo ao mundo da música nunha nova etapa na que colaborou con A. Foster, M. Miller, M. Stern, B. Berg e M. Cinelu. Compositor da banda sonora da película de Louis Malle Ascenseur pour l’échafaud (1958), da súa discografía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz norteamericana. Coñecida como Bette Davis, estudiou ballet na Mariarden School of Dancing e interpretación na John Murray Anderson Dramatic School. En 1929 debutou en Broadway e en 1930 entrou nos estudios Universal. Desta primeira etapa destacan filmes como Seed (Semente, 1931) ou Waterloo Bridge (A ponte de Waterloo, 1931). En 1932 pasou aos estudios Warner, dos que foi a súa maior estrela nos anos trinta e corenta. Deste período destacan as súas intervencións en 20.000 Years in

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou con Robert Henri (1910-1913) e en 1913 participou na Armory Show. Cultivou unha arte tendente á abstracción que remite ao cubismo sintético e na que incorporou elementos do mundo comercial, como en Lucky Strike (1921), obra precursora da pop art. O dinamismo das súas obras reflectiu a influencia que exerceu o jazz sobre a súa arte e a súa vida. Foi ilustrador nas revistas The Masses e Harper’s Weekly.

    VER O DETALLE DO TERMO