Davis, estreito de
Davis, estreito de
Estreito de América do N que separa a península de Cumberland e a illa de Baffin (Canadá) de Grenlandia e que une a baía de Baffin co N do Océano Atlántico. Está afectada pola corrente fría do Labrador, feito que provoca que se forme unha capa de xeo na súa superficie.