"BH" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 65.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Danza clásica do SL da India que se interpreta co concurso dun cantante e dun acompañante de tambores e de bordóns de corda. De orixe cultural, era propia das devadāsis (rapazas dedicadas ao servizo dunha divindade nun templo, onde practicaban unha prostitución que era considerada honorable).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poeta indio en lingua sánscrita de época indeterminada, coñecido xa no s VII. Escribiu o poema épico Kirātārjunīya (Combate do cazador Siva e Arjuna).
-
LOCALIDADES
Localidade do estado de Madhya Pradesh, India, onde hai un stupa edificado en tempos de Asoka (250 a C) e con algunhas adicións posteriores. Os baixorrelevos, cunha influencia artesá persa, presentan símbolos budistas como a roda, as árbores e o loto, así como ilustracións das historias de Jātaka e escenas da vida de Buda. Nestas últimas emprega o método narrativo continuado, de moita importancia para o estudo da historia do Budismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Poeta indio en lingua sánscrita, probablemente do s VII. É autor de tres śataka formadas por cen estrofas breves moralizadoras, Śringāra śataka (Centuria do amor).
-
CIDADES
Cidade do estado de Gujarāt, na India, situada no esteiro do río Narbada (110.070 h [1981]). Antigamente era chamada Barygaza. O seu porto, por onde pasaba case todo o comercio co mundo clásico, foi un dous máis importantes da India.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dramaturgo indio en lingua sánscrita, posiblemente do s IV ou, mesmo, anterior a Kālidāsa. Atribúenselle 13 dramas baseados case todos na tradición épica.
-
PERSOEIRO
Matemático e astrónomo indio, chamado tamén Ācārya ‘o sabio’. Un dos máis xeniais matemáticos indios que introduciu, á parte doutros traballos matemáticos e astronómicos, o concepto de infinito en Matemáticas. O seu libro máis famoso é o Siddhānta-śiromani (Fin do sistema, 1150), dividido en dúas partes sobre Matemáticas e dúas sobre Astronomía.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dramaturgo indio en lingua sánscrita, do inicio do s VIII, considerado o máis destacado despois de Kālidāsa. Consérvanse del tres dramas.
-
PERSOEIRO
Asceta, sociólogo e líder carismático indio. Seguidor do Mahātmā Gandhi dende o 1916. No 1951 fundou o movemento Bhudān Yājnā, non gobernamental e de concepción paternalista, para repartir terras aos campesiños pobres. No 1957 o movemento evolucionou cara a outro, nomeado Grāmdān, de liñas cooperativistas, adoptado por milleiros de vilas.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Gujarāt, na India (400.636 h [1991]). Situada no golfo de Khambhāt, é o principal porto da península de Kāthiāwār, centro exportador principalmente de cacahuetes e de algodón. Fundada no 1723, converteuse na capital do principado homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos bhils.
-
Individuo da tribo bhil.
-
Tribo aborixe da India occidental, espallada en diversos grupos dende as terras altas de Ajmer (Rājasthān), ao N, ata o distrito de Thāna (Mahārāshtra), ao S e, cara ao L ata preto de Indaor (Madhya Pradesh). Os bhils (4.000.000 de individuos, aproximadamente) representan racialmente unha variante de pel clara do tipo veddid. A súa organización familiar amosa a influencia do sistema de castes hindús. A súa lingua maioritaria é o bhili.
-
-
CIDADES
Cidade do estado de Madhya Pradesh, na India central (389.601 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao bhili.
-
Nome de diversas falas do grupo índico occidental usadas maioritariamente polos bhils. Son principalmente variantes dialécticas do gujarāti.
-
-
-
XACEMENTOS
Xacemento arqueolóxico da India, ao S de Allahabad. É unha cidade fortificada da Idade do Ferro, coa típica cerámica negra vernizada, de onde xurdiron uns selos co nome de Vichhi e Vichigrama.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Mahārāstra, India, ao NL de Bombai (378.546 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Haryāna, no Punxab, provincia de Delhi, situada ao NL do Gran Deserto Indio (101.277 h [estim 1981]). Exportacións de azucre, especias e sal.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Madhya Pradesh, India (1.062.771 h [1991]). Foi primitivamente cabeza dun principado gondo; no 1723 pasou á soberanía afgana, que mantivo o poder durante douscentos anos. Trala independencia de India e Paquistán (1947), Bhopāl permaneceu como unha unidade separada ata o 1949, cando pasou á India. No ano 1984, unha fuga de gas tóxico das instalacións da compañía estadounidense Union Carbide provocou máis de 2.500 mortos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos bothias.
-
Individuo do pobo bhotia.
-
Pobo de orixe tibetana que habita no Himalaya, principalmente no Bhutan e, con menos extensión, nas rexións do Tibet, do Sikkim e do Nepal. Falan diversas linguas do grupo tibetano e son de relixión budista.
-