Bhopāl

Bhopāl

Capital do estado de Madhya Pradesh, India (1.062.771 h [1991]). Foi primitivamente cabeza dun principado gondo; no 1723 pasou á soberanía afgana, que mantivo o poder durante douscentos anos. Trala independencia de India e Paquistán (1947), Bhopāl permaneceu como unha unidade separada ata o 1949, cando pasou á India. No ano 1984, unha fuga de gas tóxico das instalacións da compañía estadounidense Union Carbide provocou máis de 2.500 mortos.