"BHA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 43.

  • Poeta indio en lingua sánscrita, probablemente do s VII. É autor de tres śataka formadas por cen estrofas breves moralizadoras, Śringāra śataka (Centuria do amor).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Gujarāt, na India, situada no esteiro do río Narbada (110.070 h [1981]). Antigamente era chamada Barygaza. O seu porto, por onde pasaba case todo o comercio co mundo clásico, foi un dous máis importantes da India.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dramaturgo indio en lingua sánscrita, posiblemente do s IV ou, mesmo, anterior a Kālidāsa. Atribúenselle 13 dramas baseados case todos na tradición épica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e astrónomo indio, chamado tamén Ācārya ‘o sabio’. Un dos máis xeniais matemáticos indios que introduciu, á parte doutros traballos matemáticos e astronómicos, o concepto de infinito en Matemáticas. O seu libro máis famoso é o Siddhānta-śiromani (Fin do sistema, 1150), dividido en dúas partes sobre Matemáticas e dúas sobre Astronomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Punxab, na India (159.144 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dramaturgo indio en lingua sánscrita, do inicio do s VIII, considerado o máis destacado despois de Kālidāsa. Consérvanse del tres dramas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Asceta, sociólogo e líder carismático indio. Seguidor do Mahātmā Gandhi dende o 1916. No 1951 fundou o movemento Bhudān Yājnā, non gobernamental e de concepción paternalista, para repartir terras aos campesiños pobres. No 1957 o movemento evolucionou cara a outro, nomeado Grāmdān, de liñas cooperativistas, adoptado por milleiros de vilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Gujarāt, na India (400.636 h [1991]). Situada no golfo de Khambhāt, é o principal porto da península de Kāthiāwār, centro exportador principalmente de cacahuetes e de algodón. Fundada no 1723, converteuse na capital do principado homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe Blücher von Wahlstatt. Mariscal prusiano, que recibiu o nome de xeneral Vorwärts (Adiante). Distinguiuse na guerra contra a Francia revolucionaria (1793-1794). Durante a campaña de 1806 combateu en Auerstädt, pero tivo que capitular diante de Napoleón I cerca de Lübeck. Comandou o exército de Silesia, co que gañou a batalla de Leipzig (1813). Contribuíu decisivamente á vitoria de Wellington en Waterloo (1815).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político nacionalista indio. Membro da á esquerda do Indian National Congress, que presidiu dende 1938 a 1939. Dimitiu como consecuencia da súa oposición ás ideas de non-violencia de Gandhi. Encarcerado polos británicos en 1940, fuxiu a Alemaña. Coa axuda xaponesa fundou en Bangkok (1942) a liga pola independencia da India, e en Singapur (1943), un goberno da India libre. O motivo da súa morte non foi aclarado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piloto e construtor de automóbiles de competición australiano. En 1961 fabricou o seu primeiro modelo. Foi campión mundial en 1959, 1960 e 1966.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Irlanda, no Ulster (1.891 km2; 52.944 h [1996]). A súa capital é An Cabhán (3.341 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Místico e reformador hindú. Fundou unha seita vaihnava moi popular en Bengala e Orissa, e propagou unha devoción extremadamente emotiva a Kri ṣ hna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar inglés. Xefe da expedición militar que, procedente de Ribadeo (lugar invadido ao mando do comandante Broom), desembarcou na praia de Samil o 10 de outubro de 1719, o 12 tomou Bouzas e o 19 logrou a capitulación dos soldados que defendían a fortaleza do Castro (Vigo). O 6 de novembro, reembarcou cara a Inglaterra despois de abandonar o proxecto de invadir Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político hindú. Educouse no Elphinstone College de Bombai, onde exerceu posteriormente como profesor de matemáticas e filosofía natural. Membro do primeiro congreso nacional en 1885, foi o primeiro deputado hindú do Parlamento británico (1892).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da India, na chaira do Ganxes (218.274 h [1991]). É un importante núcleo industrial, no que destaca o sector alimentario (arroz e azucre) e téxtil (algodón).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Epopea sánscrita de autoría descoñecida, que foi atribuída a Vyāsa, redactada sobre o s VI. Ten 19 cantos en 106.466 śloka ou dísticos de 32 sílabas. Narra a loita entre os cinco irmáns Pān Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḋ avas, fillos de Pān Palatino; ḋ u, cos seus primos os Kauravas, con numerosas digresións morais e filosóficas, fábulas e episodios bélicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Mahārā ṣ h ṭ ra, India, que está situada 16 km ao S do río Dudna (190.235 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baladyyā de Libia (82.000 km2; 121.700 h [estim 1988]). A súa capital é Sabhā (28.714 h [1973]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Uttar Pradēsh, India, situada ao S de Morādābād (150.012 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO