"BIAS" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 34.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Merca. Datada no s XVIII, conta con cuberta de madeira que simula unha bóveda na nave e cuberta a varias augas na capela maior. Os arcos da nave descansan en ménsulas incrustadas na parede. Destacan os relevos do retablo maior que representan o Nacemento de Xesús Cristo, a Adoración dos pastores e a Visitación da Virxe e a súa curmá Isabel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no SO da parroquia de Medeiros (Monterrei). O seu cumio acada os 645 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de san Xillao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ramirás baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Calvos de Randín baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Calvos de Randín. De orixe románica, reformouse no s XVIII. Só se conserva da primitiva construción a capela maior, cuberta cunha bóveda de maior. Destacan as pinturas murais, que puideron realizarse no s XVI e que poden representar o Xuízo Final.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da serra do Invernadeiro, no concello de Vilariño de Conso. O seu cumio acada os 1.257 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Residiu en Roma (1767-1678) pero chamado por Gustavo III volveu a Estocolmo, onde fixo o monumento conmemorativo a Descartes e a estatua de Gustavo III. Realizou tamén Amor e Psique e Fauno durmindo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado no val do Guadiana, preto do encoro de Orellana (3.602 h [2001]). Destaca a gandaría lanar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Pereiro de Aguiar baixo a advocación de san Bernaldo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do hebreo do Antigo Testamento Tob-i-Yah ‘Iavé (Deus) é bo’, latinizado en Tobías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s VII a C) Personaxe bíblico, fillo de Tobías o Vello. Nunha viaxe encomendada polo seu pai para recuperar uns talentos, estivo acompañado do arcanxo Rafael. No Tigris pescou un peixe ao que lle sacou o corazón, co que desbaratou os maleficios do demo Asmodeo, e co fel curou a cegueira do seu pai. Represéntase cun gran peixe na man, acompañado do arcanxo Rafael.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Personaxe bíblico. Levado pola forza a Nínive, gardou fidelidade ao seu pobo e enterrou en lugares agochados as vítimas hebreas do Rei Senaquerib. O seu fillo Tobías curouno da cegueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro deuterocanónico do Antigo Testamento, escrito en arameo ou hebreo que narra a historia de Tobías. É unha recompilación de máximas sociorrelixiosas destinadas á educación do mozo, encadradas nun pequeno drama narrativo.

    VER O DETALLE DO TERMO