Parderrubias, Santa Olaia de

Parderrubias, Santa Olaia de

Igrexa parroquial situada na Merca. Datada no s XVIII, conta con cuberta de madeira que simula unha bóveda na nave e cuberta a varias augas na capela maior. Os arcos da nave descansan en ménsulas incrustadas na parede. Destacan os relevos do retablo maior que representan o Nacemento de Xesús Cristo, a Adoración dos pastores e a Visitación da Virxe e a súa curmá Isabel.