"BOL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 626.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera composto formado como resultado dun proceso anabólico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia que activa o anabolismo favorecendo a síntese das proteínas e diminuíndo a súa desintegración excesiva. O seu uso produce un aumento do apetito, do peso e unha mellora do estado xeral; diminúe a eliminación de nitróxeno e favorece tamén o depósito de calcio nos ósos. A maioría dos anabolizantes son de estrutura química semellante aos andróxenos, o que lles confire, ás veces, unha certa acción virilizante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista periódica especializada en haxiografía que publica de xeito anticipado os resultados das investigacións que aparecerán definitivamente nas Acta Sanctorum. Contén así mesmo un amplo repertorio bibliográfico.
-
-
Relativo ou pertencente aos anfíbolos.
-
Incerto ou irregular, de pronóstico dubidoso.
-
Que pode ser proxectado cara a adiante e cara a atrás, como o dedo exterior da curuxa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rocha metamórfica composta de anfíbolos (hornblenda) e plaxioclases (andesina e labradorita), en proporción variable. Pode ter como minerais accesorios cuarzo, diópsidos, biotita, granate e epidota, entre outros. É de cor verde escura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de minerais da clase dos silicatos que, xunto cos piroxenos, constitúen o grupo dos inosilicatos. Responden á fórmula xeral A2 B5 (Si,Al)8 O22 (OH,F)2 na que B pode ser Mg, Fe, Al e Mn, e A pode ser Ca, Na e K. Forman cristais de dous tipos: monoclínicos e rómbicos. Os monoclínicos, de gran pleocroísmo, dan lugar a innumerables combinacións entre as que se atopan: a actinota, a hornblenda e mais os anfíbolos sódicos. Na serie da actinota inclúese: a actinota, a actinolita e a tremolita; son frecuentes en rochas metamórficas, especialmente en esquistos e noutras de metamorfismo de contacto. A serie da hornblenda é abundante na composición de moitas rochas ígneas, como a diorita e a andesita, esencial nas rochas metamórficas como a anfibolita; tamén é abundante en rochas calcarias metamorfoseadas por contacto e en certos sedimentos detríticos. A serie dos anfíbolos sódicos subdivídese en dous grupos máis: o do...
-
-
Termo que remite ao uso ambiguo dun enunciado como consecuencia da multiplicidade semántica dunha palabra, nos casos de polisemia e homonimia, ou do emprego erróneo dunha construción sintáctica. Por exemplo: Comprei unha bota na tenda (onde bota pode referirse ao calzado ou pode ser o recipiente de coiro para o viño).
-
Enunciado susceptible de ser interpretado de dúas ou máis formas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten ou presenta anfiboloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura literaria que consiste na repetición de palabras da frase anterior pero alterando a súa orde, o que produce un cambio de significado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia estruturalmente relacionada cun metabolito que inhibe a súa utilización e bloquea as súas relacións enzimáticas normais ao entrar en competencia con el para ocupar as posicións activas dos enzimas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘gato’.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de santa Eulalia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilalba baixo a advocación de san Lourenzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da provincia de Huesca onde houbo un hospital de peregrinos, no itinerario do Camiño de Santiago, situado entre o Porto de Somport e Jaca.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, no val de Almanzora (1.550 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘árbore’.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano, tamén coñecido como Arcimboldo. A súa pintura baséase no gusto pola alegoría, tan propio do Renacemento, e na afección pola extravagancia, propia do Manierismo. Na súa obra máis coñecida, os heteroxéneos elementos representados, sobre todo vexetais, artéllanse para conformar figuras antropomorfas, mesmo auténticos retratos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Alcalde da Coruña (1895, 1900 e 1902-1903). Durante o seu mandato organizou unha nova traída de augas e a rede de sumidoiros; así mesmo, foi promotor das obras do Ensache, conseguiu escalas de trasatlánticos, etc. Colaborou activamente coa Cámara de Comercio, coa Xunta de Obras do Porto e con outras institucións oficiais; presidiu a Reunión de Artesáns e o Sporting Club, á fronte dos cales realizou frutíferas xestións.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Botar abaixo a froita lanzando con forza un rebolo contra as pólas da árbore.
-
Tirar un pao ou outra cousa contra algo ou alguén con forza ou violencia.
-
Ir rodando por un plano inclinado.
-
Bater en algo ou alguén co rebolo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pasar a rebola ou a rapadoira por unha medida de grans ou polo bordo dun recipiente para quitar o que sobra e conseguir a medida xusta.