anabolizante
anabolizante
(< anabolismo)
s
m
[BIOQ]
Substancia que activa o anabolismo favorecendo a síntese das proteínas e diminuíndo a súa desintegración excesiva. O seu uso produce un aumento do apetito, do peso e unha mellora do estado xeral; diminúe a eliminación de nitróxeno e favorece tamén o depósito de calcio nos ósos. A maioría dos anabolizantes son de estrutura química semellante aos andróxenos, o que lles confire, ás veces, unha certa acción virilizante.