"BRE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 949.

  • PERSOEIRO

    Escritor mexicano. Autor dunha extensa obra que xira ao redor do México colonial. Cultivou a novela, o teatro, o ensaio e a literatura infantil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta brasileiro romántico. Acadou un grande éxito co poemario Primaveras (1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abreviar.

    2. Breve exposición, oral ou escrita, do máis substancial dunha materia, xa exposta por extenso, na que se di a maior cantidade de cousas posibles co mínimo de palabras.

    3. Representación reducida dunha palabra ou grupo de palabras pola supresión dalgunha(s) das súas sílabas ou letras seguindo os mecanismo da síncope, aférese e apócope. As principais abreviacións lingüísticas son a abreviatura, o acrónimo, a sigla, o símbolo e o truncamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de abreviar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen di moitas cousas con poucas palabras.

    2. Oficial da chancelería pontificia que redactaba, de forma abreviada, as minutas das Bulas e Breves entre os ss XIV e XIX. Suprimíronse en 1908.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cargo ou oficina do abreviador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Redución do corpo fónico dunha palabra.

    2. Redución da cantidade vocálica, paso da cantidade longa á cantidade breve (Lei de Osthoff). En latín clásico, unha vogal longa seguida de vocal, abréviase (vocalis ante vocalem corripitur).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer máis breve, máis curta unha cousa na súa duración ou na súa extensión.

    2. Dicir a maior cantidade de cousas, formular a maior cantidade de pensamentos co emprego do menor número de palabras posible.

    3. Acelerar un proceso, unha cousa, un dito ou un texto.

    4. Suprimir unha ou máis sílabas ou letras nunha palabra ou grupo de palabras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que serve para abreviar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Representación dunha palabra ou dunha expresión por medio dalgunha das súas letras. A súa orixe hai que buscala no xeito simbólico de representar os nomes sagrados (nomina sacra), polo que se pode dicir que tivo unha orixe relixiosa; posteriormente, introducíronse outras abreviaturas para economizar o espazo e aforrar papiro ou pergamiño. Na Idade Media, nun intento de conseguir velocidade na escritura, inventouse o sistema taquigráfico chamado notas tironianas, que se empregou para representar as palabras que aparecían con máis frecuencia; paralelamente, introducíronse as notæ iuris. Estes sistemas combináronse co de abreviaturas por suspensión, que deixa as palabras inacabadas (a. C.: ante Christum; etc.: etcétera) e o de abreviaturas por contracción, supresión de letras no interior dunha palabra (Sra.: señora; Excmo.: excelentísimo). A abreviatura indicábase cunha raia, xeralmente plana, aínda que se podían ofrecer outras variantes....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico quincenal de carácter obreirista e societario, aparecido en Pontevedra en xullo de 1918. Exerceu de voceiro do “Centro Obrero” da cidade, dando cabida no seu contido ao acontecer das sociedades de resistencia dende unha postura de independencia das opcións partidarias. Deste xeito, malia estar influído polo ideario socialista, mantivo certa distancia coa Agrupación pontevedresa do PSOE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de cor verde que cobre, ás veces, as potas ou outros obxectos metálicos por mor da humidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto dioico de ata 14 m de altura, perennifolio, de follas coriáceas, lustrosas e de beiras onduladas e espiñentas, aparecendo follas lisas e de marxe enteira nas partes superiores. Flores abrancuxadas, tetrámeras, de 8 mm, en acios apretados nas axilas das follas que no inverno seguinte dan lugar a un froito en drupa vermello e velenoso para o home. Distribuído no sur e oeste de Europa e en montañas do norte de África, na Península Ibérica ocupa principalmente a metade norte. Aparece amplamente distribuído en Galicia, tendo as mellores representacións de acivreiras nas serras de San Mamede e dos Ancares. Moi empregado en xardinería pola tolerancia das podas e as múltiples variedades foliares A madeira, clara, dura e pesada, estímase en ebanistería e as pólas novas para aguilladas e mangos. Coa casca faise o visgo empregado para a captura de pequenos paxaros.

  • Armazón de madeira que serve como soporte para a construción de arcos e bóvedas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria da Coruña. Relacionado con esta caste está o apelido Cimbre. As súas armas levan, en campo de goles, un acimbre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada o 21 de decembro de 1992 e integrada pola República Checa, Eslovaquia, Hungría, Polonia e Eslovenia. Ten como obxectivo a progresiva redución dos aranceis,   así como a consecución da compatibilidade coas normativas da Unión Europea, coa idea de facilitar un futuro ingreso destes países na UE. Bulgaria, Romanía e os Países Bálticos (Estonia, Letonia e Lituania) solicitaron o ingreso nesta organización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convenio bilateral, asinado en 1988, para crear unha zona de libre comercio, entre o Canadá e os EE UU. No ano 1992, os dous membros e México acordaron crear a North American Free Trade Agreement (NAFTA), tamén zona de libre comercio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado en 1992 entre o Canadá, os EE UU e México polo que se creaba no territorio dos tres estados unha zona de libre comercio. O tratado ten como obxectivos eliminarlle os obstáculos ao libre comercio, promover a libre competencia, posibilitar oportunidades de investimento, protexer os dereitos da popiedade intelectual, establecer procedementos para a resolución de conflitos e fomentar a cooperación trilateral, rexional e internacional. Para acadar os seus fins establece unha serie de medidas como unha redución progresiva dos aranceis, que deben desaparecer nun prazo determinado no caso dos produtos máis sensibles, a consideración de produto nacional cun tratamento non discriminatorio para os bens fabricados en calquera dos tres países, a prohibición de fixar impostos á exportación, a apertura das compras do sector público a provedores dos tres países e a eliminación das restrición cuantitativas; se ben se incorporan unhas certas salvagardas en temas sanitarios e medioambientais,...

    VER O DETALLE DO TERMO