abreviación

abreviación

(< lat eclesabbreviatiōne)

  1. s f

    Acción e efecto de abreviar.

  2. s f

    Breve exposición, oral ou escrita, do máis substancial dunha materia, xa exposta por extenso, na que se di a maior cantidade de cousas posibles co mínimo de palabras.

    Sinónimos: compendio.
  3. s f [LING]

    Representación reducida dunha palabra ou grupo de palabras pola supresión dalgunha(s) das súas sílabas ou letras seguindo os mecanismo da síncope, aférese e apócope. As principais abreviacións lingüísticas son a abreviatura, o acrónimo, a sigla, o símbolo e o truncamento.