"BRU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 267.

    1. Nome que recibe a ameixa pequena e de coloración branca, que é a primeira en madurar no mes de xuño.

    2.  

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e crítico teatral húngaro. Creou unha narrativa de gran sensibilidade psicolóxica, influída pola literatura francesa. Sobresae a novela Midás király (O Rei Midas). Como crítico teatral defendeu o “bo gusto”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Hispanista francés. Profesor da Universidade de París e director do Instituto de Estudios Hispánicos. Entre as súas obras destacan Histoire du théâtre espagnol (Historia do teatro español, 1965) e L’Espagne au siècle d’or (España no século de ouro, 1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico austríaco da escola vienesa. Introduciu a percusión como método de exploración clínica, sistema que describiu na obra Inventum novum (Invento novo, 1761).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico brasileiro establecido nos EE UU. Viviu o cine dende moi novo por mor da profesión dos seus pais, os produtores Luis Carlos e Lucy Barreto. Aos dezasete anos comezou realizando dúas curtametraxes en 35 mm A bolsa e a vida (1971) e A emboscada (1972). En 1976 ofreceu ao cine brasileiro un dos filmes máis importantes dos últimos tempos Dona Flor e seus maridos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Formou parte da escola neokantiana de Baden, aínda que non é un discípulo estricto de Windelband e Rickert. En último termo a súa obra defende un activismo puro do eu e da persoa que permite constituír a realidade; só en referencia á idea poderá crearse o ámbito dentro do que se dean o lóxico, a existencia e o valor. As súas obras principais son: Immanuel Kant (1917), Wahrheit, Wert und Wirklichkeit (Verdade, valor e realidade, 1923), Die Idee (A idea, 1926) e Grundzüge der Ethik (Trazos fundamentais da ética, 1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo, historiador e crítico alemán. Foi discípulo de Hegel e profesor de Teoloxía en Berlín (1834) e en Bonn (1839). Tentou conciliar a Filosofía coa Teoloxía aínda que posteriormente negou todo Cristianismo, sendo un dos representantes máis destacados da esquerda hegeliana. No ano 1842 foi destituído da cátedra polas críticas radicais da historicidade dos evanxeos, expresadas en obras como Kritik der evangelischen Geschichte der Synoptiker (Crítica da historia evanxélica dos sinópticos, 1841-1842) e Christus und die Cäsaren: der Ursprung des Christentums aus dem römischen Griechentum (Cristo e os Césares: o xurdimento do Cristianismo a partir do helenismo romano). A partir de 1843 analizou aspectos históricos e políticos que foron duramente criticados por Marx e Engels. Xa a partir de 1850 volveu á crítica teolóxica e, no ano 1870, converteuse nun fiel seguidor de von Bismarck.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicanalista norteamericano de orixe austríaca. Doutor en Filosofía e en Psicoloxía pola Universidade de Viena. De orixe xudía, foi internado nun campo de concentración e no 1939 emigrou aos EE UU, onde exerceu a Psicoloxía e a Psiquiatría en Chicago ata o 1973. Durante o período 1944-1973 foi director do Chicago Orthogenic School, centro de tratamento de nenos autistas e con graves problemas emocionais. As súas principais obras, no campo da psiquiatría infantil, e dunha orientación freudiana, son: Symbolic Wounds (Feridas simbólicas, 1954), Truants from Life (Ausentes da vida, 1955), Dialogues with Mothers (Diálogos coas nais, 1962), The Empty Fortress (A fortaleza baleira, 1967), The uses of Enchantment (Psicanálise dos contos de fadas, 1976) e Surviving and Other Essays (Sobrevivir e outros ensaios, 1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Mahilyo ǔ , Bielorrusia, situada á beira do Berezina (226.681 h [1997]). É un núcleo de industria da madeira. Hai tamén depósitos de fosforita preto da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Especialista do cine de animación. En 1960 creou o personaxe do señor Rossi, prototipo do home contemporáneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SIGLAS

    Sigla de Brunei na placa de estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante, compositor de cancións e escritor. Traballou no cabaré Chat-Noir de París, cidade onde posteriormente instalou un propio, o Mirliton (1885). Fundou o xornal Le Mirliton (1885-1894) e La Lanterne de Bruant (1897-1899). Publicou as novelas Les bas-fonds de Paris (Os baixos fondos de París, (1897) e Les amours de la Pouliche (Os amores da Pouliche, 1911), e un dicionario titulado L´argot au XXème siècle (O argot no século XX, 1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Membro dunha familia de arquitectos. Desenvolveu a súa actividade no reinado de Luís XIV. Realizou o Hospital dos Inválidos e a súa igrexa (1670-1676), na que despois traballou Jules Hardouin Mansart, e a igrexa de San Luís no asilo de Salpetriére (1670?). Nas súas construcións predominan as estruturas sobre a decoración.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Emitir berros característicos o boi, a vaca ou outros ruminantes.

      2. Berrar moi forte outro animal como o león e outras feras.

    1. Facer algo un ruído decontino e rouco, como o vento ou o mar.

    2. Emitir unha persoa fortes berros que revelan paixón, dor, alegría, ira, rabia ou outros sentimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oz característica do boi, da vaca ou doutros animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista, arranxador e director de orquestra. Na súa traxectoria profesional interesouse polo uso da fuga e do contrapunto, pola gama de fórmulas rítmicas e polas diferentes combinacións métricas nas súas obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia escocesa que reinou dende 1306 ata 1371. Descenden de Robert de Bruce (morto cara ao 1094), cabaleiro normando que pasou a Inglaterra con Guillerme I. O segundo Robert de Bruce (morto en 1141) estableceuse en Escocia en 1124. O sexto Robert de Bruce (morto en 1295) foi bisneto dos reis Malcolm IV e Guillerme I. O neto deste, Robert de Bruce (1274-1329) converteuse en rei en 1306 como Roberto I. O seu irmán Edward de Bruce, morreu en 1318 mentres loitaba por ser o rei de Irlanda. O derradeiro rei escocés desta dinastía foi David II (1325-1371) con quen se extinguiu a rama directa da familia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e bacteriólogo. Descubriu en 1887 a bacteria causante da febre de Malta (Brucella melitensis) e o protozoo causante da nagana (Trypanosoma brucei).

    VER O DETALLE DO TERMO