Bettelheim, Bruno
Psicanalista norteamericano de orixe austríaca. Doutor en Filosofía e en Psicoloxía pola Universidade de Viena. De orixe xudía, foi internado nun campo de concentración e no 1939 emigrou aos EE UU, onde exerceu a Psicoloxía e a Psiquiatría en Chicago ata o 1973. Durante o período 1944-1973 foi director do Chicago Orthogenic School, centro de tratamento de nenos autistas e con graves problemas emocionais. As súas principais obras, no campo da psiquiatría infantil, e dunha orientación freudiana, son: Symbolic Wounds (Feridas simbólicas, 1954), Truants from Life (Ausentes da vida, 1955), Dialogues with Mothers (Diálogos coas nais, 1962), The Empty Fortress (A fortaleza baleira, 1967), The uses of Enchantment (Psicanálise dos contos de fadas, 1976) e Surviving and Other Essays (Sobrevivir e outros ensaios, 1979).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Viena -
Deceso
Lugar : Silver Spring, Maryland