"Baco" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 33.

  • Xénero de herbas da familia das escrofulariáceas, de follas opostas e flores illadas, co cálice bilobado e corola en forma de campá con cinco estames. En Galicia está presente a especie B. monnieri, de procedencia americana, en humidais costeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe mariño de corpo alongado, que pode acadar 1 m de lonxitude, moi semellante ao atún, coas aletas pectorais e ventrais moi curtas e as dúas dorsais moi xuntas (a primeira falciforme). O dorso é azul escuro con liñas escuras, o ventre claro e baixo as aletas pectorais posúe unhas manchas negras. Distribúese por todo o Atlántico tropical ata o litoral da Península Ibérica. É de carácter peláxico e moi difícil de observar na costa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase a un froito que madura antes que os da súa especie.

    2. Cría de porco que aínda mama ou que non hai moito tempo que o facía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porco pequeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo e etnólogo, especialista en civilizacións asiáticas. Explorou o curso dos ríos Mekong e Iangtsé en Indochina (1907) e descubriu as fontes do Irauadi en Myanmar (1909).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • George Vasiliu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ábaco de coordenadas cartesianas que permite representar a relación entre a ganancia e a fase dada pola transmitancia dun servosistema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantidade de comida que transportan as aves no peteiro para alimentar as súas crías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ruso. Licenciado en Dereito pola Universidade estatal de Moscova, afiliouse ao PCUS en 1952 e foi adquirindo responsabilidades políticas. Accedeu ao comité central en 1971, en 1978 asumiu a dirección da secretaría de Agricultura e en 1980 accedeu ao Politburó. En 1985 foi elixido secretario xeral do partido, e en 1989 presidente da Unión Soviética. Impulsou as reformas políticas e económicas que puxeron fin ao réxime soviético e abriron o bloque do Leste a Occidente a través das súas políticas de perestrojka, ou reestruturación económica, e de glasnost, ou transparencia na xestión política. Estas reformas levárono ao enfrontamento cos sectores máis radicais da Unión Soviética e cos sectores inmobilistas, que protagonizaron en 1991 un intento fallido de golpe de estado. En política internacional, asinou diversos acordos sobre desarmamento con EE UU e aceptou o proceso de unificación alemana. En 1991 dimitiu como secretario xeral do PCUS e, coa constitución da CEI,...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Planta herbácea anual ou perenne, de 1 a 3 m de altura, con follas de ata 50 cm de longo, elípticas ou lanceoladas, acuminadas e sésiles ou subsésiles, flores de cor crema ou rosa pálida, coa corola infundibuliforme, dispostas en panícula, e de froitos en cápsula ovoide. O tabaco procede de América tropical, onde xa era coñecido polos indíxenas.

      2. tabaco de montaña

        árnica.

      3. tabaco de xardín [Nicotiana glauca, Fam das solanáceas]

        Arbusto de 2 a 5 m de altura, con follas alternas, elípticas, verde claras, flores de corola tubular amarela, agrupadas en panículas terminais, e froitos en cápsulas elipsoidais. Provén de América do Sur e cultívase como ornamental.

    1. Produto que se obtén das follas do tabaco ao sometelas ás oportunas operacións e tratamentos, que se emprega para fumar en forma de cigarros ou en pipa. Tamén pode mastigarse ou aspirarse polo nariz. Atribúese o descubrimento do tabaco ao mariñeiro Rodrigo de Jerez, un xudeu converso que participou na primeira expedición colombina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pneumoconiose que se produce pola inhalación de po ou de fume do tabaco.

    2. tabaquismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Senegal (59.602 km2; 530.332 h [estim 2001]). A súa capital é Tambacounda (69.574 h [estim 2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO