tabaco

tabaco

(< ár clásico tub[b]āq)

  1. [PLANTA]
    1. s m

      Planta herbácea anual ou perenne, de 1 a 3 m de altura, con follas de ata 50 cm de longo, elípticas ou lanceoladas, acuminadas e sésiles ou subsésiles, flores de cor crema ou rosa pálida, coa corola infundibuliforme, dispostas en panícula, e de froitos en cápsula ovoide. O tabaco procede de América tropical, onde xa era coñecido polos indíxenas.

    2. tabaco de montaña

      árnica.

    3. tabaco de xardín [Nicotiana glauca, Fam das solanáceas]

      Arbusto de 2 a 5 m de altura, con follas alternas, elípticas, verde claras, flores de corola tubular amarela, agrupadas en panículas terminais, e froitos en cápsulas elipsoidais. Provén de América do Sur e cultívase como ornamental.

  2. s m [IND]

    Produto que se obtén das follas do tabaco ao sometelas ás oportunas operacións e tratamentos, que se emprega para fumar en forma de cigarros ou en pipa. Tamén pode mastigarse ou aspirarse polo nariz. Atribúese o descubrimento do tabaco ao mariñeiro Rodrigo de Jerez, un xudeu converso que participou na primeira expedición colombina.

Refráns

  • O tabaco e o viña, hai algúns que os regalan Ao seu veciño.
  • Tabaco, muller e viña, mellar para min que para o meu veciño.

Palabras veciñas

Taba | tabacal | Tabacalera SA | tabaco | tabacose | tabaela | Tabagón