"Bam" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 63.
-
CIDADES
Cidade de Baviera, Alemaña, á beira do Regnitz (70.200 h [1990]). Localízase nos contrafortes do Steigerwald e constitúe un importante núcleo industrial. Posúe abundantes edificios medievais, entre os que destaca a catedral (ss XI-XIII), que inclúe importantes esculturas (Cabaleiro de Bamberg). Ten a súa orixe nun establecemento comercial que xurdiu ao pé do castelo dos Babenberg. O Emperador Enrique II fundou no ano 1007 un bispado, que foi secularizado en 1803, cando a cidade se incorporou a Baviera. As forzas do exército alemán que reprimiron o goberno soviético e espartaquista de Múnic en xaneiro de 1919 partiron desta vila.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Principado eclesiástico do Sacro Imperio, no círculo de Franconia. Estendíase polo alto val do Maine e polos vales baixo e medio do Regnitz, posesións que foron anexionadas pola sé exenta de Bamberg durante o s XIII. O principado foi secularizado e incorporado a Baviera no ano 1803.
-
PERSOEIRO
Político e economista. Foi deputado liberal no Reichstag (1871-1893) e colaborou con Bismarck no deseño da súa política económica; sen embargo, a partir de 1878 converteuse en crítico da súa política colonial e do seu intervencionismo económico. Escribiu diversos traballos teóricos sobre política monetaria que gozaron de moito prestixio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produción norteamericana de debuxos animados da empresa Disney, realizada no ano 1942 e dirixida por David D. Hand. Trátase dunha das primeiras versións desta historia dirixida aos rapaces máis pequenos, algo moralizante e moi simpática. O pequeno cervo Bambi, que acaba de nacer, perde a súa nai polos disparos dun cazador. Tras isto atopará o significado da amizade coñecendo a un coello e a unha mofeta.
-
PERSOEIRO
Nome co que se coñece a un pintor anónimo activo en Florencia, influído por Lorenzo Monaco. Está considerado como o autor, entre outras, do retablo de san Lourenzo (1422), do que se conserva unha parte en Berlín, e do Xuízo Final (Museo de Múnic). Algúns autores identifícano co mestre valenciano Miguel Alcañiz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que está pouco apertado ou pouco tenso. SIN: frouxo, laxo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pieter Van Laer .
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadro, xeralmente de pequenas dimensións, que trata un tema popular pintoresco ou grotesco, por exemplo escenas de taberna, banquetes, cabarés, reunións de bebedores ou fumadores, etc. Nun principio o termo referíase ás obras de temática popular realizadas por Pieter van Laer, chamado il Bamboccio, e o seu círculo (Both, Miel, Corza, etc). Posteriormente, no s XVII, ampliou o seu significado para designar un xénero pictórico sen distinción de escolas. Autores de bambochadas foron, entre outros, Adriaen Brouwer e David Teniers.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das bandas de tea ou papel con debuxos que, colgadas do teito dun escenario, constitúen a parte superior dunha decoración e representan un teito, ramas pintadas ou o ceo.
-
REXIÓNS
Rexión do extremo occidental de Mali, entre os ríos Falemé e Senegal. É un lugar famoso polas súas minas de ouro, que foron unha das bases da economía do reino medieval de Ghana (s XIII) e o posterior Imperio de Mali, ao que fora incorporada polo xefe mandinga Sundiata Keita. Dende o s XVIII, a actividade mineira é moi escasa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Arbusto graminoide da subfamilia das bambusoideas pertencente á familia das poáceas. Os talos son longos e articulados, alcanzando grande altura nalgunhas especies; así, a Gigantochloa maxima, na illa de Xava, acada máis de 40 m. As follas son longas e lanceoladas e as flores bisexuais dispóñense en panículas de espiguiñas. Os bambús son orixinarios de case todos os países tropicais, especialmente os da rexión monzónica da zona oriental de Asia. Pola súa resistencia, utilízase como madeira para a construción e na zona oriental de Asia serven para a elaboración de pontes, embarcacións, ferramentas domésticas, instrumentos de música, etc. O bambú tamén ten utilidade na fabricación de papel, e foi utilizado como material de escritura nos países da parte meridional de Asia. Os brotes tenros son comestibles e constitúen un ingrediente esencial nos hábitos culinarios dos países asiáticos, dende a India ao Xapón, empregándose con gran profusión e en preparacións moi diversas. En Galicia...
-
Nome do balancín utilizado na Antigüidade polos acróbatas xaponeses.
-
-
-
Danza propia dos negros de Cuba, de ritmo binario, que vai acompañada pola frauta do mesmo nome.
-
-
Tambor antillano.
-
Frauta feita coa cana de bambú.
-
Canto procedente dalgunhas rexións da zona occidental de África que os mulatos de Nova Orleans interpretaban como acompañamento de instrumentos de percusión.
-
-
-
CIDADES
Cidade do NO do Camerún, localizada nas terras altas volcánicas de Bamenda (110.000 h [1987]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, en Afganistán (8.700 h [estim 1988]). Ten interese artístico polos seus mosteiros, coas esculturas xigantescas de Buda, exemplo da arte na ruta da seda.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do Afganistán (17.414 km2; 280.859 h [1982]). A súa capital é Bāmīān.
-
-
Relativo ou pertencente aos bamilekés ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo bamileké.
-
Pobo bantú, que integra ao redor de 500.000 individuos, dos altiplanos do Camerún Occidental, no territorio coñecido como País Bamileké, con capital en Dschong. A base económica dos bamilekés é principalmente agraria (millo miúdo, millo e cacahuete); así mesmo, dedícanse ao comercio en diversas rexións do Camerún, fóra do seu lugar de orixe. Falan unha lingua do grupo bantú. Traballan os metais e fabrican obxectos de barro. Viven en pequenos poboados de casas de planta cuadrangular e de cuberta piramidal. A estrutura familiar é patriarcal políxina; ademais, adoptaron a relixión musulmá ao seu modo de vida tradicional preislámico. Constitúen unha das poboacións máis importantes do Camerún.
-
Grupo de linguas africano da familia bantú e do grupo bantoide banwe-congo. Inclúe vinte e catro linguas diferentes, faladas por 500.000 individuos bamilekés do Camerún. Proceden do bamileké, do bomugún e do banganté.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prefectura da República Centroafricana (58.200 km2; 35.760 h [estim 1989]). A súa capital é Ndélé (8.079 h [1989]).
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilagarcía de Arousa baixo a advocación de san Xens.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vimianzo baixo a advocación de san Mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -