bambochada
bambochada
(
s
f
[ARTE]
Cadro, xeralmente de pequenas dimensións, que trata un tema popular pintoresco ou grotesco, por exemplo escenas de taberna, banquetes, cabarés, reunións de bebedores ou fumadores, etc. Nun principio o termo referíase ás obras de temática popular realizadas por Pieter van Laer, chamado il Bamboccio, e o seu círculo (Both, Miel, Corza, etc). Posteriormente, no s XVII, ampliou o seu significado para designar un xénero pictórico sen distinción de escolas. Autores de bambochadas foron, entre outros, Adriaen Brouwer e David Teniers.