"Barcelo" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 25.

  • Escola de arquitectura pertencente á Universidade Politécnica de Catalunya dende 1971. Ademais dos estudios de arquitectura inclúe os de paisaxismo e deseño. Ten a súa orixe nos estudios establecidos na Llotja (1817-1850) e na Escola de Mestres de Obras (1850-1869). En 1869 fundouse a Escola Politécnica Provincial que comprendía unha escola de arquitectura, que en 1874 pasou a formar parte da Universidade e en 1875 denominouse Escola Superior de Arquitectura. Facilitou a aparición do modernismo aínda que a súa orientación foi moi académica e recibiu críticas de A. Gaudí e do GATPAC. O seu clasicismo conformou o novecentismo e o monumentalismo da posguerra, e nos anos sesenta tentou introducir a arquitectura do movemento moderno. Formáronse nela algúns arquitectos galegos como X. M. Bartolomé Argüelles, X. M. Casabella e X. Estévez Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club deportivo fundado en Barcelona o 29.11.1899. Viste camiseta de raias azuis e granate e pantalón azul. O seu equipo de fútbol, campión da Copa de Europa na tempada 1991-1992, posúe ademais 4 títulos da Recopa de Europa, 3 da Copa de Feiras (trofeo que adquiriu en propiedade), 16 campionatos da liga española e 24 da Copa de España. Creado en 1942, o seu equipo de balonmán, campión de Europa en 6 ocasións (1990-1991, 1995-1996, 1996-1997, 1997-1998, 1998-1999 e 1999-2000), gañou tamén 5 títulos da Recopa de Europa, 4 da Supercopa de Europa, 18 da liga española, 13 da Copa de España e 5 da Copa Asobal. O equipo de hóckey a patíns, tamén creado en 1942, proclamouse campión da Copa de Europa en 14 edicións, campión da Recopa de Europa nunha e posúe ademais 10 títulos da Supercopa de Europa, 15 ligas españolas, 13 Copas de España e 2 Copas Intercontinentais. A sección de baloncesto, fundada en 1926, foi campioa do Mundial de Clubs FIBA na tempada 1984-1985; ademais logrou o título da Recopa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Barcelona, Girona e Osona (992-1017?), fillo e sucesor de Borrell II. En 1003 emprendeu unha expedición contra Lleida coa axuda doutros condados. ‘Abd al-Malik Yūsuf al-Mu ẓ affar, fillo de Almanzor, asaltou Meià, mentres Wadih tomou o castelo de Montmagastre, chegou a conca de Òdena e atacou a Castellolí, pero a época do ano avanzada e a resistencia cristiá obrigaron aos sarracenos a retirarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feira de carácter internacional que se celebra anualmente desde 1981 en Barcelona para promover o coñecemento do cómic e que serve como foro para debater a súa situación. Conta coa participación de destacados ilustradores de todo o mundo e desenvolve un Taller de Còmic e unha Comiteca, dirixida aos máis pequenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Peludo (? 840 - 897) Conde de Cerdaña e de Urgell (870?-897), de Barcelona, de Girona (Wifredo II) e de Besalú (878-897). Gobernou como vasalo dos francos a Marca Hispánica. Sucedeuno o seu fillo Wifredo II (897-911).

    VER O DETALLE DO TERMO