Fútbol Club Barcelona

Fútbol Club Barcelona

Club deportivo fundado en Barcelona o 29.11.1899. Viste camiseta de raias azuis e granate e pantalón azul. O seu equipo de fútbol, campión da Copa de Europa na tempada 1991-1992, posúe ademais 4 títulos da Recopa de Europa, 3 da Copa de Feiras (trofeo que adquiriu en propiedade), 16 campionatos da liga española e 24 da Copa de España. Creado en 1942, o seu equipo de balonmán, campión de Europa en 6 ocasións (1990-1991, 1995-1996, 1996-1997, 1997-1998, 1998-1999 e 1999-2000), gañou tamén 5 títulos da Recopa de Europa, 4 da Supercopa de Europa, 18 da liga española, 13 da Copa de España e 5 da Copa Asobal. O equipo de hóckey a patíns, tamén creado en 1942, proclamouse campión da Copa de Europa en 14 edicións, campión da Recopa de Europa nunha e posúe ademais 10 títulos da Supercopa de Europa, 15 ligas españolas, 13 Copas de España e 2 Copas Intercontinentais. A sección de baloncesto, fundada en 1926, foi campioa do Mundial de Clubs FIBA na tempada 1984-1985; ademais logrou o título da Recopa de Europa en 2 ocasións, así como 2 títulos da Copa Korac, 12 da liga española e 18 de Copa de España.

Palabras veciñas

fustró | Fusulina | fútbol | Fútbol Club Barcelona | Fútbol Regional Gallego | futboleiro -ra | futboleno