futboleno

futboleno

(< fútbol + -eno)

s m [QUÍM]

Molécula composta por 60 átomos de carbono, C60, que constitúe unha terceira forma de carbono cristalizado. O seu nome débese á súa forma esférica, con doce pentágonos e vinte hexágonos, como un balón de fútbol. Sintetizouse no laboratorio seguindo as propostas de H. W. Kroto, R. F. Curl e R. E. Smalley. A síntese do futboleno e as moléculas semellantes poden presentar propiedades moi interesantes, entre as que destacan as ópticas e as eléctricas; poden permitir a fabricación de elementos semicondutores, e apúntase a posibilidade de que sexan supercondutores. O futboleno fluorado C60F60 pode ser un bo lubricante.